Lingua alsaciana

variantes do alemánico faladas principalmente na rexión de Alsacia
(Redirección desde «Alsaciano»)

O alsaciano (en francés: alsacien, en inglés: alsatian, en castelán: alsaciano, en alemán: Elsässerdeutsch e en alsaciano: Elsässisch) é un conxunto de variantes de baixo alemánico e alto alemánico que se falan dende o leste da cordilleira dos Vosgos e o río Rin, principalmente na rexión de Alsacia.

Alsaciano
'Elsässisch'
Pronuncia:AFI: elsæssiʃ
Outros nomes:Elsässerditsch AFI: elsæssərditʃ
Falado en: Francia Francia
Rexións: Alsacia
Total de falantes: máis de 700.000
Familia: Indoeuropea
 Xermánico
  Xermánico Occidental
   Alemán
    Alemán superior
     Alemánico
      Baixo alemánico
       Alsaciano
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ámbito privado de Alsacia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: gsw
SIL: GSW
Mapa
Area de uso do alsaciano e do conxunto de dialectos alemánicos
Status
Inscrición en alsaciano nunha xanela da localidade de Eguisheim:
Dis Hausz sted in Godes Hand - God bewar es vor Feyru
("Esta casa está en mans de Deus - Que Deus a protexa do lume")

Xeografía e uso editar

Xeografía editar

 
Os grupos dialectais xermánicos e románicos da rexión Alsacia arredor de 1910.

Uso editar

A partir do século XX, o uso do alsaciano entra en retroceso como resultado das políticas de uso do francés, dentro do contexto das dúas guerras mundiais, e aínda que hoxe en día é empregado pola poboación de maior idade e no mundo rural. Nas cidades o seu uso é moito menor.

O alsaciano, considerado polo 95% dos alsacianos como a lingua rexional contra a un 1% que pensa que é o alemán (sondaxe de Dernières Nouvelles d'Alsace, DNA, 22 de setembro 1999), pode no entanto ser ensinado nas gardarías e na escola primaria, pero permanece aínda como unha lingua maioritariamente de uso familiar.

Lingüística editar

Ortografía e fonética editar

Orthal editar

Con Orthal (xurdiu no 2003 co nome Graphal) inténtase unificar todos os dialectos alsacianos para ter unha forma normativa na escrita. Como todos os dialectos alemánicos, non dispón dunhas regras de ortografía inamovibles e a fonética pode variar dunha vila a outra.

Lexicoloxía editar

O seu léxico caracterízase por preservar arcaísmos do alto alemán e unha permeabilidade constante ao francés.

Galego Alsaciano Alemán
terra Arda Erde
ceo Himmel Himmel
auga Wasser Wasser
lume Fir Feuer
home Mann Mann
muller Freu Frau
comer essa essen
beber trinka trinken
grande gross gross
pequeno klein klein
noite Nacht Nacht
día Dâa Tag

Historia editar

Orixes editar

O primeiro rexistro en alemánico antigo na Alsacia atópase nos Xuramentos de Estrasburgo do 842.

Disputas franco-xermanas: 1648-1945 editar

A partir de 1648, coa asimilación progresiva de Alsacia ao reino de Francia e o resultante nacemento da rivalidade franco-xermana, o uso do alsaciano vese afectado as decisións políticas da administración de quenda que competirán en radicalidade pola instrución dos habitantes da rexión ao uso da lingua oficial, en detrimento todo iso do local.

É o caso do uso oficial exclusivo do alemán académico, no período de 1871 a 1919 e especialmente, o de asimilación ao III Reich de 1940 a 1945 que chega a prohibir o uso de palabras de orixe francesa ao falar en alsaciano.

Á súa vez, as administracións francesas que impulsaron o uso da lingua de Molière até a anexión de 1871, renovárono con particular énfase desde 1919, chegando os seus partidarios máis intransixentes a considerar o alsaciano como unha lingua anti-patriótica.

Dende 1945 e Unión Europea editar

Desde a década de 1960, no contexto da reconciliación franco-alemá, a recuperación do uso da lingua alsaciana até entón en retroceso, foi o obxecto de interese da cultura alsaciana, co rexurdimento das representacións teatrais en alsaciano, o uso na televisión local ou o seu emprego por figuras relevantes da cultura alsaciana.

Con todo, no nivel da administración do Estado francés séguese favorecendo o ensino da lingua alemá, impulsado dende 1992, con clases bilingües paritarias de francés e alemán en secundaria, e permitindo o acceso aos estudos superiores en universidades dos dous países a través do Abibac, mestura de Abitur alemán e do Baccalauréat francés.

Cultura en alsaciano editar

Figuras editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar