Alice Finot
Alice Finot, nada en Montbéliard o 9 de febreiro de 1991, é unha atleta francesa fincada en Galicia. Especializada en carreiras de medio fondo, foi campioa de Europa nos 3000 metros obstáculos en 2024 e subcampioa de Europa en pista cuberta nos 3000 metros en 2021.
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1991 (32/33 anos) Montbéliard, Francia |
Altura | 172 cm |
Peso | 58 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | 3000 metros (pt) 3000 metros obstáculos 1500 metros Medio maratón |
Participou en | |
marzo de 2021 | Campeonato Europeu de Atletismo em Pista Coberta de 2021 (pt) –3000 metros (pt) (medalla de prata) |
Páxina web | alice-finot.fr |
É a actual posuidora do récord europeo dos 3000 metros obstáculos, cun tempo de 8:58:67, marca que acadou nos Xogos Olímpicos de 2024, onde acabou cuarta.
Traxectoria
editarDebut xuvenil (2004-2008)
editarIniciouse no atletismo en 2004, participando en probas de campo a través da UNSS, e gañou varios certames a nivel departamental e rexional. Máis tarde ingresou no Haut-Saônois Athletic Group, club no que tivo como adestradora a Nora Leksir-Genebrier. En 2008 deixou temporalmente a competición para centrarse nos seus estudos de enxeñería.[1]
Categoría absoluta
editarVolveu ao atletismo en 2015 na Union sportive Nemours-Saint-Pierre Athlétisme, co obxectivo de retomar gradualmente a competición nos 1.500 m, 3.000 m e 10 km en ruta.
En 2016 instalouse no concello galego de Ponteareas, despois de iniciar unha relación sentimental co vigués Bruno Martínez Bargiela, ao que coñecera nunha viaxe a Taiwán.[2] Ingresou no equipo de atletismo do Celta de Vigo e centrou a súa preparación nas carreiras de estrada.[3] Despois dun tempo decidiu co seu adestrador centrar a súa preparación en distancias máis curtas, desde os 1500 metros ata os 3.000 metros obstáculos .
En xullo de 2018 participou por primeira vez nos campionatos de Francia absolutos, celebrados en Albi, e gañou a medalla de bronce nos 1500 m. Repetiu bronce nos campionatos de pista cuberta pero unha lesión ao final do inverno impediulle disputar a tempada estival.
Na tempada 2019/20 clasificouse para os campionatos mundiais de medio maratón, que finalmente se cancelaron debido á pandemia de COVID-19. Con todo, gañou a medalla de prata nos Campionatos de Francia en Pista Cuberta en Liévin, na proba de 3000 metros e uns meses despois proclamouse en Albi campioa de Francia por primeira vez, nos 3000 metros obstáculos.
Subcampioa de Europa en pista cuberta (2021)
editarA tempada 2020/21 foi a da súa confirmación como atleta de elite. O 19 de febreiro de 2021 coroouse campioa de Francia en pista cuberta en Miramas, gañando a proba de 3000 m, cun tempo de 9:12.33. Esta vitoria abriulle as portas da selección francesa e ao mes seguinte en Toruń proclamouse subcampioa de Europa dos 3000 metros, por detrás da británica Amy-Eloise Markovc.
Récords de Francia nos 3000 m obstáculos (2022-2024)
editarO 25 de maio de 2022 bateu en Huelva o récord francés de 3000 m obstáculos, cun tempo de 9:21.41,[4] rebaixando en máis de catro segundos a marca que ostentaba dende 2009 Sophie Duarte. Volveu rebaixar en varias ocasións esa marca, ao tempo que se proclamaba en Caen campioa de Francia ao aire libre por segunda vez e que se metía na final do Campionato do Mundo celebrado en Eugene.[5]
No Mundial de Budapest de 2023 conseguiu a quinta praza na final, batendo de novo o récord de Francia.[6]
Campioa de Europa dos 3.000 metros obstáculos (2024)
editarEn 2024 proclamouse campioa de Europa dos 3000 obstáculos en Roma, por diante da alemá Gesa Krause, dobre campioa de Europa da disciplina.[7]
Xogos Olímpicos de 2024 e récord europeo
editarParticipou nos Xogos Olímpicos de 2024 e acabou cuarta na final dos 3000 metros obstáculos, cun tempo de 8:58.67, superando o récord europeo que dende 2008 estaba en mans da rusa Gulnara Samitova-Galkina.[8] Tralo remate da proba pediulle matrimonio diante das cámaras de televisión ao seu mozo Bruno.[9]
Notas
editar- ↑ "Athlétisme. Alice Finot est passée de l’autre côté du miroir…" (en francés). 9 de marzo de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Alice Finot: "En Vigo se puede crecer y convertirse en una buena atleta"" (en castelán). 23 de maio de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Alice Finot : « Ma sélection en équipe de France, j’ai envie d’en profiter au maximum ! »" (en francés). 3 de marzo de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Alice Finot bat le record de France du 3 000 m steeple à Huelva" (en francés). 25 de maio de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Alice Finot se qualifie pour la finale des Mondiaux en battant son record de France du 3000m steeple" (en francés). 16 de xullo de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Alice Finot cinquième du 3 000 m steeple des Mondiaux avec un nouveau record de France" (en francés). 27 de agosto de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Décision confirmée pour Alice Finot, sacrée championne d'Europe du 3 000 m steeple" (en francés). 9 de xuño de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Alice Finot 4e du 3 000 m steeple avec un nouveau record d'Europe" (en francés). 6 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024.
- ↑ "Alice Finot pide matrimonio a su pareja tras batir el récord de Europa de 3.000 obstáculos". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024.