Medio maratón
Un medio maratón[2] é unha proba deportiva incluída dentro do atletismo. Consiste nunha carreira pedestre cun percorrido de 21 097,5 metros, é dicir, a metade dun maratón.[3]
Historia da proba
editarSe ben a historia da proba de maratón é fácil de trazar, hai discusión respecto a que proba debe ser considerada coma a primeira de medio maratón da historia. Segundo a Asociación de Estatísticos de Atletismo en Ruta (ARRS), a marca oficial máis antiga na distancia corresponde a unha carreira individual realizada polo británico Brian Hill-Cottingham o 9 de abril de 1960, nun tempo de 1:07:01.[4]
Mellores tempos
editarA Asociación Internacional de Federacións de Atletismo recoñece oficialmente os récord mundiais na proba de medio maratón.[5][6] A mellor marca na clasificación feminina é de 1:04:02, acadada por Ruth Chepng'etich de Kenya en 2021, en Istambul.[7] Na masculina, o mellor rexistro é de 57:31, de Jacob Kiplimo de Uganda en 2021 en Lisboa.[8]
A nivel global, os participantes en probas de medio maratón cronometradas de todo o mundo en 2018 fixeron un tempo medio de 2 h 15 min (probas femininas) e 1 h 48 min (masculinas).[9]
Participación a nivel global
editarSegundo algunhas fontes, o medio maratón con maior participación xamais celebrado foi o Broloppet ("a carreira da ponte"), entre Copenhague e Malmö, con 79 719 chegados á meta, que tivo lugar con motivo da inauguración da ponte Øresund no ano 2000.[10] Porén, o Libro Guinness certifica como o medio maratón máis numeroso da historia a edición de 2014 de The Great North Run (Reino Unido).[11]
En 2018, hai constancia de que 2,1 millóns de persoas completaron un medio maratón nalgunha parte do mundo.[9].
En 2017, a estadounidense Harriette Thompson converteuse na muller de maior idade en completar un medio maratón en San Diego, cun tempo de 3 h 43 min, aos seus 94 anos. Como parte da fazaña, recadou 15 000 dólares para a investigación da leucemia.[12]
Referencias
editar- ↑ "Rosa Mota". IOC.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maratón.
- ↑ "USATF: Course Measurement and Certification Procedures" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2016. Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ "World Best Progressions- Road". ARRS.
- ↑ "Kamworor breaks world half marathon record in Copenhagen with 58:01".
- ↑ "World Record - Half Marathon - Outdoors - Women". IAAF.
- ↑ "Ratified: world records for Chepngetich and Niyonsaba". IAAF.
- ↑ "Kiplimo breaks world half marathon record in Lisbon". World Athletics. 21 November 2021. Consultado o 21 November 2021.
- ↑ 9,0 9,1 "126 Running Statistics You Need to Know". Livestrong. 29 de marzo de 2022.
- ↑ "Marathon.se".
- ↑ "Largest half marathon". Guinness World Records.
- ↑ "At 94, Harriette Thompson becomes the oldest woman to run a half-marathon". Washington Post.