Afonso Paz-Andrade

empresario galego
(Redirección desde «Alfonso Paz-Andrade»)

Afonso Paz-Andrade Rodríguez, nado en Vigo o 4 de outubro de 1940 e finado en Gondomar o 7 de xuño de 2021, foi un empresario galego.

Afonso Paz-Andrade
Nome completoAlfonso Paz-Andrade Rodríguez
Nacemento4 de outubro de 1940
Lugar de nacementoVigo
Falecemento7 de xuño de 2021
Lugar de falecementoGondomar
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónempresario
PaiValentín Paz-Andrade
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo do intelectual, político e empresario Valentín Paz Andrade, licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pero os seus camiños posteriores viraron ao redor do mundo da pesca e cursou estudos posteriores relacionados coa Economía e coa tecnoloxía pesqueira en Italia, Suecia, Islandia e Inglaterra.[1]

Relación coa industria pesqueira editar

En 1970 funda en Vigo a empresa Ibercisa, de maquinaria naval, da que é conselleiro delegado ata que en 1976 se incorpora a Pescanova e en xuño de 1977[2] substitúe o seu pai como conselleiro delegado desa mesma empresa. Baixo a súa dirección e xunto co principal accionista Manuel Fernández de Sousa, Pescanova converteuse nunha empresa líder da pesca mundial. Paz-Andrade participou en numerosos consellos de administración de empresas mixtas de pesca, participadas por Pescanova (joint ventures).

Participou na fundación doutras empresas, como a reconversión dos estaleiros Ascón en Rodman Poliships, o Instituto Galego de Información ou a aseguradora La Naviera, que finalmente se fusionou con Mutua Gallega, empresa da que Paz-Andrade é vicepresidente.

Impulsou a celebración en Vigo dunha feira internacional de pesca, a World Fishing Exhibition, da que presidiu as edicións de 1973, 1985, 1991, 1997, 2003 e 2009. Tamén ocupou distintos cargos institucionais, como presidente de Anasco, vogal do consorcio da Zona Franca de Vigo, conselleiro xeral de Caixa Galicia e membro do Consello Asesor para o Fomento da Innovación en Galicia. Tamén foi socio fundador do Museo do Pobo Galego e pertence ás directivas da Fundación Castelao, a Fundación Luís Seoane e a Fundación Caixa Galicia. Tamén é o director da revista de pesca Industrias Pesqueras, fundada en 1927.

En 2007 abandonou Pescanova por diferenzas co seu presidente.[3][4]

Segundo o xornal El Mundo, en 2011 posuía, con 26 millóns de euros, unha das 100 meirandes fortunas da Bolsa española.[5]

Notas editar

  1. "Bouzas es la cuna pesquera de Galicia y, tal vez, la de España". La Voz de Galicia. Consultado o 5 de maio de 2014. 
  2. "Paz-Andrade deja de ser consejero delegado de Pescanova tras 30 años", artigo de Manuel V. Sola en El País, 17 de xaneiro de 2007 (consultado o 7 de xaneiro de 2012) (en castelán).
  3. "Paz Andrade acredita que el FROB le obligó a vender acciones de Pescanova". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 15 de maio de 2014. 
  4. "Multan a Paz Andrade por ocultar la venta de acciones de Pescanova". La voz de Galicia. Consultado o 17 de xuño de 2014. 
  5. "TOP RICOS BOLSA 2011", artigo en El Mundo, 27 de decembro de 2011 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar