Alexia Putellas

futbolista española

Alexia Putellas Segura, nada en Mollet del Vallès o 4 de febreiro de 1994, é unha futbolista catalá que xoga como mediocampista, concretamente na posición de interior esquerdo, como capitá na primeira división española de fútbol feminino co Futbol Club Barcelona.[1] É tamén internacional coa Selección Absoluta de España desde o 2013.[2][3] No 2021 e no 2022 foi premiada co Balón de Ouro[4][5] á mellor xogadora do mundo, e o 17 de xaneiro de 2022, foi premiada co Premio The Best FIFA de 2021, sendo a segunda futbolista en acadar ambos premios na mesma temporada, trala americana Megan Rapinoe, que o fixo no ano 2019.

Infotaula de personaAlexia Putellas

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Alèxia Putellas i Segura Editar o valor em Wikidata
4 de febreiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Mollet del Vallès, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pompeu Fabra Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo e centrocampista Editar o valor em Wikidata
Número deportivo11 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2010-2011 RCD Espanyol Femenino (en) Traducir 24(3)
2011-2012 Levante UD Women (en) Traducir 34(15)
2012- Fútbol Club Barcelona (pt) Traducir 355(151) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
-   Spain women's national under-17 association football team (en) Traducir
2011-2013   Spain women's national under-19 association football team (en) Traducir 20(13)
2013-   Seleção Espanhola de Futebol Feminino (pt) Traducir 91(21)
2014-   Selección feminina de fútbol de Cataluña 3(1) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2023Copa do Mundo de Futebol Feminino de 2023 (pt) Traducir
2019Copa do Mundo de Futebol Feminino de 2019 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: alexiaputellas Instagram: alexiaputellas FIFA: 325636 UEFA: 250014179 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formada nas categorías inferiores do C.E. Sabadell e do R.C.D. Espanyol,[6] forma parte do Fútbol Club Barcelona desde 2012. No seu paso polo equipo, gañou campionatos de liga, seis copas da Raíña e unha Liga de Campións Feminina da UEFA. Na tempada 2020-21 tivo un papel destacado ao acadar o triplete continental por primeira vez na súa carreira, e foi recoñecida tanto co Balón de Ouro como co Premio UEFA á Mellor Xogadora en Europa de 2021.[5]

No plano internacional, gañou con España dous campionatos europeos Sub-17 (2010 e 2011) e forma parte da selección absoluta desde 2013. Coa selección disputou as Copas Mundiais do Canadá 2015 e Francia 2019, así como a Eurocopa Feminina 2017.[3][7] En 2021 converteuse na xogadora con máis internacionalidades ao superar os 90 partidos de Marta Torrejón.[8]

Dentro do fútbol español, Putellas é a primeira muller en gañar o Balón de Ouro e a segunda persoa española en conseguilo despois do galego Luis Suárez Miramontes na edición de 1960.[5]

Selección Nacional editar

Sub-17 editar

Seleccionada por primeira vez coa Selección Española sub-17 no 2009. A súa primeira competición foi a Eurocopa de 2009/10, na que conseguiu pasar a primeira fase clasificatoria quedando segundas detrás de Serbia. Na segunda fase, que se disputou en España, as españolas clasificáronse primeiras de grupo e pasaron á fase final de eliminación directa onde venceron facilmente en semifinais á selección neerlandesa. Enfrontáronse na final con Irlanda, nun partido que acabou con empate a cero e no que La Roja conseguiría o título despois de vencer ás irlandesas na quenda de penaltis.

Logo sería convocada para o Campionato do Mundo sub-17 de 2010. As españolas gañaron tódolos seus partidos da fase de grupos, na que Putellas marcou un gol fronte ao Xapón, o cal permitiu á selección avanzar ata a segunda fase do torneo onde finalmente serían derrotadas en semifinais por Corea do Sur. No partido polo terceiro posto, o equipo adestrado por Jorge Vilda gañou por 1 gol a 0 á selección de Corea do Norte e conseguiría así a medalla de bronce.

Ao ano seguinte é novamente chamada polo seleccionador para participar na Eurocopa sub-17 de 2011, onde La Roja pasa facilmente á segunda fase onde novamente conseguen o primeiro posto, clasificándose para o partido de semifinais fronte a Islandia, no cal Putellas fai un dobrete na vitoria por 4 a 0. A final xogada ante Francia acaba coa vitoria española despois dun partido complexo que se resolveu co resultado de 1 a 0, que permitiu revalidar o título.

Sub-19 editar

No 2012 é convocada coa Selección sub-19 para a Eurocopa disputada en Turquía. O equipo conseguiu pasar como primeiro do seu grupo, no cal Alexia marcou un gol fronte a Inglaterra, logo superaron a Portugal, pasando á final fronte a Suecia, onde Alexia sería a capitá. O partido acabou con vitoria sueca na prórroga. Ao ano seguinte participa nas clasificatorias para a Eurocopa sub-19, pero caen eliminadas despois de 2 derrotas e solo 1 vitoria.

Absoluta editar

Debuta coa selección absoluta no 2013, nun partido previo á Eurocopa de Suecia fronte a Dinamarca.

O seu primeiro gran torneo internacional foi a Eurocopa de 2013 en Suecia, competición na que a selección consegue chegar ata cuartos de final, pero foron eliminadas por Noruega. Dous anos máis tarde, Alexia participou no Mundial do Canadá de 2015 onde foron eliminadas na primeira fase do campionato. No 2017 foi unha das convocadas para disputar o Europeo de 2017 celebrado nos Países Baixos. A selección caería eliminada en cuartos de final fronte á selección de Austria na quenda de penaltis.

No verán de 2019 participa nun segundo Mundial coa selección absoluta sendo unha das veteranas do equipo. Na fase de grupos o equipo enfróntase a Suráfrica (1-3), Alemaña (1-0) e China (0-0). Por primeira vez na historia, a selección feminina clasifícase para a disputa dos oitavos de final deste campionato, O equipo sería eliminado nesa mesma rolda ante a selección americana, que acabaría proclamándose campioa na final do torneo.

En xaneiro do 2020 a selección viaxou aos Estados Unidos para participar por primeira vez na SheBelieves Cup, O equipo de Vilda acabaría o campionato cunha vitoria por 3-1 ante Xapón, unha derrota pola mínima (1-0) ante as vixentes campioas do Mundo, os Estados Unidos; e unha vitoria, tamén pola mínima ante Inglaterra (1-0), no que Alexia foi a goleadora. La Roja acabaría a súa participación no tornea na segunda posición, por detrás das americanas, e Putellas sería nomeada MVP do torneo.

En febreiro de 2021, durante os partidos clasificatorios para a Eurocopa de Inglaterra 2022, Alexia cambiou o seu característico dorsal 11 para lucir o 14 que defendeu a súa compañeira Virginia Torrecilla, de baixa despois de ser intervida dun tumor cerebral. A comezos de 2021, con Putellas como unha das pezas fundamentais do esquema de Vilda, a selección española clasificouse para o Campionato Europeo de 2022 en Inglaterra. En abril de 2021 anunciouse que Alexia sería unha das capitás da selección xunto a Irene Paredes e Jennifer Hermoso. Putellas empregou por primeira vez o brazalete nun partido amigable ante Bélxica en xuño de 2021.

En xullo de 2022, Alexia converteuse na primeira xogadora española na súa historia en chegar á centena de internacionalidades nun partido amigable fronte a Italia.

Despois dunha lesión no ligamento cruzado da súa perna esquerda e logo de someterse a unha operación, Alexia perde a Eurocopa Femenina 2022, gran parte da tempada 2022-23 da Liga F, da Liga de Campións e tamén do Mundial Femenino de Fútbol 2023, lesión pola cal estará entre 10 meses e 1 ano fóra dos terreos de xogo, estando prevista a súa volta para agosto de 2023.

Participacións nas Copas do Mundo editar

Mundial Sede Resultado
Mundial Feminino sub-17 de 2010 Trinidad e Tobago Terceiro posto
Mundial Feminino de 2015   Canadá Primeira fase
Mundial Feminino de 2019   Francia Oitavos de final

Participacións nas Eurocopas editar

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa sub-17 de 2010   Suíza Campioa
Eurocopa sub-17 de 2011   Suíza Campioa
Eurocopa sub-19 de 2012   Turquía Subcampioa
Eurocopa 2013   Suecia Cuartos de final
Eurocopa 2017   Países Baixos Cuartos de final

Estatísticas editar

Clubs editar

Actualizado ao último partido disputado o 29 de maio de 2022.

Club Temporada Liga Copa Continental Total
Div. Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
R. C. D. Espanyol   España 2009-10 1.ª 1 0 - - - - 1 0
2010-11 24 3 - - - - 24 3
Total 25 3 - - - - 25 3
Levante U. D.   España 2011-12 1.ª 34 15 - - - - 34 15
Total 34 15 - - - - 34 15
Fútbol Club Barcelona   España 2012-13 1.ª 30 12 - - 2 0 32 12
2013-14 30 8 - - 6 0 36 8
2014-15 26 6 - - 4 1 30 7
2015-16 29 18 - - 5 0 34 18
2016-17 28 10 - - 8 0 36 10
2017-18 29 9 4 2 4 1 37 12
2018-19 28 16 3 1 8 1 39 18
2019-20 20 10 5 3 6 3 31 16
2020-21 31 18 4 6 9 2 44 26
2021-22 26 18 6 5 10 11 42 34
Total 277 125 22 17 62 19 361 161
Total na súa carreira 336 143 22 17 62 18 420 179

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Liga Española Fútbol Club Barcelona   España 2013
Copa da Raíña 2013
Liga Española 2014
Copa da Raíña 2014
Liga Española 2015
Copa da Raíña 2017
Supercopa de España 2020
Liga Española 2020
Copa da Raíña 2020
Liga Española 2021
Copa da Raíña 2021
Supercopa de España 2022
Primeira Iberdrola 2022
Copa da Raíña 2022

Campionatos internacionais editar

Título Equipo Sede Ano
Campionato Europeo sub-17 Selección de España   Suíza 2010
2011
Liga de Campións Fútbol Club Barcelona   Suecia 2021

Distincións individuais editar

Distinción Ano
Mellor xogadora da Copa da Raíña 2013
Mellor xogadora catalá 2015
Mellor xogadora catalá 2017
Incluída no Equipo Ideal da Liga de Campións da UEFA 2019
Mellor xogadora da Copa SheBelieves 2020
Xogadora MVP (Premios Marca) 2020
MVP Copa da Raíña 2021
Incluída no Equipo Ideal da Liga de Campións da UEFA 2021
Mellor mediocampista de Europa (UEFA) 2021
Premio UEFA á Mellor Xogadora en Europa 2021
Balón de Ouro 2021
Premio Globe Soccer Awards á mellor xogadora do mundo 2021
Premio World Soccer á mellor xogadora do mundo 2021
Premio The Best FIFA 2021
Incluída no Equipo Ideal da Liga de Campións da UEFA 2022
Premio UEFA á Mellor Xogadora en Europa 2022
Balón de Ouro 2022

Notas editar

  1. "Alexia Putellas signs for FC Barcelona". futfem.com. 10 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. 
  2. ""El objetivo es dominar el balón"". El Periódico. 22 de novembro de 2013. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Alexia, icono del Barça, cumple 27 años en su mejor momento". AS.com (en castelán). 4 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  4. "Alexia Putellas logra o primeiro Balón de Ouro para unha futbolista española". Faro de Vigo. 29 de novembro de 2021. Consultado o 6 de decembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Irigoyen, Juan I. (29 de novembro de 2021). "Alexia Putellas, Balón de Oro 2021". El País. Consultado o 30 de novembro de 2021. 
  6. "L'exjugadora del Centre d'Esports Alèxia Putellas, millor jugadora del món". Diari de Sabadell (en catalán). 29 de novembro de 2021. Consultado o 30 de novembro de 2021. 
  7. Fonseca, Diego (29 de novembro de 2020). "Jenni Hermoso: "Tenemos la responsabilidad de que las niñas y niños nos vean como algo que quieren ser"". EL PAÍS. Consultado o 28 de febreiro de 2021. 
  8. "Alexia Putellas: "Torrejón me dijo que apretase para convertirme en la jugadora con más internacionalidades"". sefutbol.com. 26 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2021. Consultado o 30 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar