Megan Rapinoe

futbolista estadounidense

Megan Anna Rapinoe, nada en Redding, California, o 5 de xullo de 1985,[1] tamén coñecida como Pinoe, é unha futbolista profesional estadounidense que xoga como centrocampista ou extremo no Reign FC da National Women's Soccer League. Como membro da selección feminina de fútbol dos Estados Unidos, axudou a gañar a Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2015, os Xogos Olímpicos de 2012 e a medalla de prata na Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2011. No Mundial de 2019 gañou o ouro co equipo e ademais foi Balón de Ouro, Bota de Ouro e MVP en tres partidos da competición, incluída a final.

Megan Rapinoe
, e
Información persoal
Nacemento 5 de xullo de 1985
Lugar de nacemento Redding
Altura 170 centímetros
Posición wing half e centrocampista
Na rede
IMDB: nm4586488 Facebook: mPinoe Twitter: mPinoe Instagram: mrapinoe Youtube: UCwyeUg2RrYTx941aFOUKR7A Olympic.org: megan-rapinoe FIFA: 212337 UEFA: 250026077 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rapinoe é coñecida internacionalmente polo seu elaborado e técnico estilo de xogo, e polo seu preciso pase a Abby Wambach no minuto 122 dos cuartos de final da Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2011 contra o Brasil, que acabou en gol e igualou o marcador, posteriormente os Estados Unidos gañaría o partido na quenda de penais.[2][3][4] Durante os Xogos Olímpicos de 2012 marcou tres goles e foi a máxima asistente do equipo con catro asistencias conseguindo a medalla de ouro para os Estados Unidos. É a primeira xogadora de fútbol, feminino ou masculino, en marcar un gol olímpico nos Xogos Olímpicos.

Rapinoe é unha defensora de numerosas organizacións LGBT, incluíndo "Gay, Lesbian and Straight Education Network" (GLSEN) e "Athlete Ally". Tamén é activista pola igualdade de trato e a visibilidade cara ó fúltbol feminino.

É patrocinada por Nike, Samsung e DJO Global, e apareceu en varios promocionais para as compañías de roupa Wildfang e Nike. Anteriormente xogou para Chicago Rede Stars, Philadelphia Independence e MagicJack na Women's Professional Soccer e no Olympique de Lyon na Division 1 Féminine.

Notas editar

  1. United States Olympic & Paralympic Committee (ed.). "Megan Rapinoe". Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  2. "With Rapinoe, Solo, Seattle Reign FC finally putting the pieces together". 28 de xuño de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2014. 
  3. "Hamm explica el sistema de EE.UU". 16 de agosto de 2013. Consultado o 4 de novembro de 2015. 
  4. "Redding native Megan Rapinoe's soccer fortunes keep rising; Olympics ahead". 9 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03/11/2013. Consultado o 5 de marzo de 2014.