Alexandre O'Neill

escritor portugués

Alexandre Manuel Vahia de Castro O'Neill de Bulhões, nado en Lisboa o 19 de decembro de 1924 e finado na mesma cidade o 21 de agosto de 1986, foi un poeta do movemento surrealista portugués. Era descendente de irlandeses.[1]

Infotaula de personaAlexandre O'Neill

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Alexandre Manuel Vahia de Castro O'Neill de Bulhões Editar o valor em Wikidata
19 de decembro de 1924 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte21 de agosto de 1986 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , poeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTeresa Patrício Gouveia (1971–1981), divorcio
Noémia Delgado (1957–1971)
Premios

IMDB: nm0642089 Musicbrainz: 89a8d694-b240-4b81-81a0-c7d328c9b2a8 Discogs: 1013422 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Autodidacta, O'Neill foi un dos fundadores do Movemento Surrealista de Lisboa. É nesta corrente que publica a súa primeira obra, o volume de colaxes A Ampola Miraculosa, mais o grupo rapidamente se desdobra e desfaise. As influencias surrealistas permanecen visíbeis nas obras del, que alén dos libros de poesía inclúen prosa, discos de poesía, traducións e antoloxías. Non conseguindo vivir só da súa arte, o autor ampliou a súa acción á publicidade. É da súa autoría o lema publicitario «Há mar e mar, há ir e voltar». Foi varias veces preso pola policía política, a PIDE.

Infancia e xuventude editar

Da burguesia lisboeta, Alexandre O'Neill naceu no número 30 da Avenida Fontes Pereira de Melo, hoxe unha das arterias principais da capital. Foi fillo de José António Pereira de Eça O'Neill de Bulhões (Lisboa, c. 1890 - Lisboa), empregado bancario, e da súa muller, Maria da Gloria Vahia de Barros de Castro (17 de marzo de 1905 - despois de outubro de 1989).

Foi igualmente neto paterno da escritora Maria O'Neill, a cal era sobriña-bisneta e prima-sobriña-bisneta do 1.º Visconde de Santa Mónica e sobriña-neta do 1.º Barão de Sabroso e do 2.º Barão de Sabroso.

A súa irmá máis nova Maria Amélia Vahia de Castro O'Neill de Bulhões, nacida na Lourinhã, o 26 de setembro de 1921, faleceu en Tomar, Santa Maria dos Olivais, o 27 de setembro de 2009), solteira e sen fillos.

En 1943, con 17 anos de idade, publicou os primeiros versos nun xornal de Amarante, o "Flor do Tâmega". A pesar de recibir premios literarios no Colexio Valsassina, esta actividade non foi particularmente incentivada pola familia, que anhelaba que Alexandre O'Neill se dedicase máis aos estudos e estudase unha carreira.[2]

Datan do ano de 1947 dúas cartas de Alexandre O'Neill que demostran o seu interese polo surrealismo, dicindo nunha delas (datada no mes de outubro) posuír xa os manifestos de Breton e a Histoire du Surrealisme, de M. Nadeau. Ese mesmo ano, O'Neill, Mário Cesariny e Mário Domingues comezan a facer experiencias a nivel da linguaxe, na liña do surrealismo, sobre todo cos seus Cadáveres Esquisitos e Diálogos Automáticos, que conducían ao desmembramento do sentido lóxico dos textos e á pluralidade de sentidos.[2]

Ao redor de 1948, O'Neill está na creación do Grupo Surrealista de Lisboa, ao lado de Mário Cesariny, José-Augusto França, António Domingues, Fernando Azevedo, Moniz Pereira, António Pedro e Marcelino Vespeira. As primeiras reunións ocorreron na Pastelaria Mexicana, na praza de Londres.[3]

As posicións antineorrealistas eran frontais e provocadoras, tal como as actitudes contra o réxime: en abril, o Grupo retira a súa colaboración da III Exposición Xeral de Artes Plásticas, por rexeitar a censura previa que a comisión organizadora decidira impor. Coa saída de Mário Cesariny, que entrou en rutura co Grupo, en agosto de 1948, o grupo escindiuse, dando orixe ao Grupo Surrealista Disidente, onde, alén do propio Cesariny, participaban António Maria Lisboa e Pedro Oom.

En 1949 tiveron lugar as principais manifestacións do movemento surrealista en Portugal, como a Exposición do Grupo Surrealista de Lisboa (en xaneiro), onde expuxeron Alexandre O'Neill, António Dacosta, António Pedro, Fernando de Azevedo, João Moniz Pereira, José-Augusto França e Vespeira. Nesa ocasión, Alexandre O'Neill publicou A Ampola Miraculosa como un dos primeiros números dos Cadernos Surrealistas. A obra, constituída por 15 imaxes e respectivas lendas, sen ningún nexo lóxico entre a imaxe e lenda, poderá ser considerada paradigmática do surrealismo portugués.

A estrea editar

Despois dunha fase de ataques persoais entre os dous grupos surrealistas (1950-1952) e a extinción de ambos os grupos, o surrealismo continuou a manifestarse na produción individual dalgúns autores, incluíndo o propio Alexandre O'Neill. En 1951, no "Pequeno Aviso do Autor ao Leitor", inserido en Tempo de Fantasmas, el demarcouse como surrealista. Nesa mesma obra, sobre todo na primeira parte, Exercícios de Estilo (1947-49), a influencia desta corrente maniféstase en poemas como "Diálogos Falhados", "Inventáario" ou "A Central das Frases" e na insistencia en motivos comúns a moitos poetas surrealistas, como a bicicleta e a máquina de costura.

Política editar

Neste primeiro libro de poesía inclúe o poema que o tornou célebre, "Un Adeus Portugués", orixinado nun episodio biográfico que el mesmo contaría, moitos anos máis tarde: no inicio de 1950, estivera en Lisboa Nora Mitrani, enviada do Surrealismo francés para dar unha conferencia. Coñeceu O’Neill e apaixonáronse. Meses máis tarde, querendo xuntárselle en París, O’Neill foi chamado á PIDE e interrogado. Por presión dunha persoa da familia, foille negado o pasaporte. Obrigado a ficar en Portugal, non volvería ver a Nora Mitrani.

Non foi, de resto, a única vez que Alexandre O’Neill foi confrontado coa policía política. En 1953, estivo preso vinte e un días no Establecemento Prisional de Caxias, por ir esperar a Maria Lamas, volvendo do Congreso Mundial da Paz en Viena. A partir desta data, pasou a ser vixiado pola PIDE. No entanto, sendo un oposicionista, non militou en ningún partido político, nin durante o Estado Novo, nin a seguir ao 25 de abril – coñéceselle unha breve conexión ao MUD xuvenil, na altura en que abandona o Grupo Surrealista de Lisboa. A partir desta época, O’Neill foise distanciando de grupos ou conversas, demasiado irónico e celoso seu individualismo para se envolver seriamente en calquera militancia partidaria.

En 1958, coa edición de No Reino da Dinamarca, Alexandre O’Neill viuse recoñecido como poeta. Na década de 1960, probabelmente da máis produtiva literariamente, foi publicando libros de poesía, antoloxías doutros poetas e traducións.

A poesía de Alexandre O'Neill concilia unha actitude de vangarda, (surrealismo e experiencias próximas do concretismo) — que se manifesta no carácter lúdico do seu xogo coas palabras, no seu bestiario, que evidencia o lado surreal do real, ou nos típicos «inventarios» surrealistas — coa influencia da tradición literaria (de autores como Nicolau Tolentino e o abade de Jazente, por exemplo).

Os seus textos caracterízanse por unha intensa sátira a Portugal e aos portugueses, destruíndo a imaxe dun proletariado heroico creada polo neorealismo, a que contrapón a vida miserenta, a dor do cotián, vista no entanto sen dramatismos, ironicamente, nunha alternancia entre a constatación do absurdo da vida e o humor como única forma de se lle opor.

Temas como a soidade, o amor, o soño, a pasaxe do tempo ou a morte, conducen ao medo (véxase "O Poema Pouco Original do Medo", coa súa figuración simbólica do rato) e/ou á revolta, da que o home só poderá liberarse a través do humor, contrabalanzado por veces por un ton discretamente sentimental, revelador dun correcto desespero perante o marasmo do país — "meu remorso, meu remorso de todos nós". Este humor é, moitas veces, manifestado nunha linguaxe que parodia discursos estereotipados, como os discursos oficiais ou publicitarios, ou que reflexiona a propia organización social, pola integración nela operada do calón, da xiria, de lugares-comúns pequeno-burgueses, de onomatopeas ou de neoloxismos inventados polo autor.

Encóntrase colaboración da súa autoría no semanario Mundo Literário[4] (1946-1948) e na revista Litoral (1944-1945).[5]

A vida privada e profesional editar

Alexandre O’Neill, a pesar de nunca ser un escritor profesional, viviu sempre da súa escrita ou de traballos relacionados con libros. En 1946, tornouse oficinista, na Caixa de Precaución dos Profesionais do Comercio. Permaneceu neste emprego até 1952. A partir de 1957, comezou a escribir para os xornais, primeiro esporadicamente, despois, nas décadas seguintes, asinando columnas regulares no Diário de Lisboa, en A Capital e, nos anos 1980, no Jornal de Letras, escribindo indiferentemente prosa e poesía, que reeditaba máis tarde en libro, á maneira dos folletinistas do século XIX.

En 1959 iniciouse como redactor de publicidade, actividade que se tornaría definitivamente o seu gaña pan. Ficaron famosos no medio algúns slogans publicitarios da súa autoría, e houbo un que se converteu en proverbio: "Hai mar e mar, hai ir e volver". Tiña non obstante abandonado definitivamente a casa dos pais, casando o 27 de decembro de 1957 con Noémia Delgado, de quen tivo un fillo, Alexandre Delgado O'Neill, nacido o 23 de decembro de 1959, fotógrafo, que morrería solteiro e sen fillosen Boston, Condado de Suffolk, Massachusetts, o 4 de xaneiro de 1993. Alexandre O'Neill só se divorciou dela algún tempo antes do seu segundo casamento, o 15 de xaneiro de 1971. Nesta época, instalouse na zona do Xardín do Príncipe Real, barrio lisboeta onde habería de decorrer gran parte da súa vida, e que levaría para a súa escrita. Neste barrio, encontraría a Pamela Ineichen, con quen mantivo unha relación amorosa durante a década de 1960. Máis tarde, o 4 de agosto de 1971, casará en Lisboa con Teresa Patrício Gouveia, nai do seu segundo fillo, Afonso Gouveia O'Neill, nacido o 28 de maio de 1976, solteiro e sen fillos.[6][7]

Formou tamén parte da redacción da revista Almanaque (1959-61), publicación con grafismo de Sebastião Rodrigues onde colaboraban, entre outros, José Cardoso Pires, Luís de Sttau Monteiro, Augusto Abelaira e João Abel Manta.

A súa atracción por outros medios de comunicación, que non a palabra escrita, é testemuñada pola letra do fado "Gaivota" destinada á voz de Amália Rodrigues, con música de Alain Oulman, tal como a colaboración, nos anos 1970, en programas televisivos (fora, de feito, crítico de televisión co pseudónimo de A. Jazente), ou en guións de filmes e en pezas de teatro. En 1982 recibiu o premio da Asociación de Críticos Literarios.

Mais a doenza comezaba a atormentalo. En 1976, sofre un ataque cardíaco, que o poeta admitiu deberse á vida fóra das regras que sempre fora a súa, e que, a pesar dalgún esforzo contrario, continuou a ser. No inicio dos anos 1980, xa divorciado de Teresa Patrício Gouveia desde o 20 de febreiro de 1981, repartía o seu tempo entre a casa da Rúa da Escola Politécnica e a vila de Constância.[6] En 1984, sufriu un accidente vascular cerebral, antecipatorio daquel que, en abril de 1986, o levaría ao internamento prolongado no hospital.

Alexandre O'Neill morreu en Lisboa o 21 de agosto de 1986.[8][9]

O 10 de xuño de 1990, a título póstumo, foi feito Grande-Oficial da Antiga, Nobilíssima e Esclarecida Orde Militar de Sant'Iago da Espada, do Mérito Científico, Literario e Artístico.[10] Recebiu, polas súas Poesias Completas, o Prémio da Crítica do Centro Português da Associação Internacional de Críticos Literários (1983).[1]

A Biblioteca Alexandre O'Neill, en Constância, alberga, por doazón do propio escritor, parte do seu legado. Alí, pódense ler os libros que pertenceron ao'Neill, moitos deles con anotacións súas ou dedicatorias dos autores.[11]

Obra editar

Poesía editar

Edicións orixinais

  • A Ampola Miraculosa (1948). Lisboa, Cadernos Surrealistas.
  • Tempo de Fantasmas (1951). Cadernos de Poesia, nº11.
  • No Reino da Dinamarca (1958). Lisboa, Guimarães.
  • Abandono Vigiado (1960). Lisboa, Guimarães.
  • Poemas com Endereço (1962). Lisboa, Moraes.
  • Feira Cabisbaixa (1965). Lisboa, Ulisseia.
  • De Ombro na Ombreira (1969). Lisboa, Dom Quixote.
  • Entre a Cortina e a Vidraça (1972). Lisboa, Estúdios Cor.
  • A Saca de Orelhas (1979). Lisboa, Sá da Costa.
  • As Horas Já de Números Vestidas (1981). En Poesias Completas (1951-1981)
  • Dezanove Poemas (1983). En Poesias Completas (1951-1983)

Antoloxías feitas ao longo da vida

  • No Reino da Dinamarca – Obra Poética (1951-1965) (1967). 2.ª ed., revisada e aumentada, Lisboa, Guimarães.
  • No Reino da Dinamarca – Obra Poética (1951-1969) (1974). 3.ª ed. revisadta e aumentada, Lisboa, Guimarães.
  • Poesias Completas (1951-1981) (1981). Lisboa, Imprensa Nacional - Casa da Moeda.
  • Poesias Completas (1951-1983) (1983). 2.ª ed. revistad e aumentada, Lisboa, Imprensa Nacional - Casa da Moeda.
  • O Princípio de Utopia, O Princípio de Realidade seguidos de Ana Brites, Balada tão ao Gosto Popular Português & Vários Outros Poemas (1986).Lisboa, Moraes.

Antoloxías póstumas

  • Poesias Completas, com inclusão de dispersos (2000). Introd. de Miguel Tamen, Lisboa, Assírio & Alvim; 2a ed. rev. 2001; 3a ed. 2002; 4a ed. 2005; 5a ed. 2007.
  • Anos 1970. Poemas Dispersos (2005). M. A. Oliveira e F. Cabral Martin (eds.), Lisboa, Assírio & Alvim; 2a, 2009.

Prosa editar

  • As Andorinhas non Têm Restaurante (1970). Lisboa, Don Quixote. (crónicas)
  • Uma Coisa em Forma de Assim (1980). 2ª edición, revisada e aumentada, Lisboa, Presença. (contos e crónicas)

Traducións feitas polo'Neill editar

  • Nora Mitrani, A Razão Ardente (Do Romantismo ao Surrealismo) (1950). Cadernos Surrealistas, Lisboa.
  • Maiakovski, O Percevejo, (1959). Lisboa, Editorial Gleba.
  • Dostoievski, O Jogador, (1960). Lisboa, Guimarães.
  • Bertolt Brecht, Teatro I e II (1961-63). En colaboración con Ilse Losa. Lisboa, Portugália Editora.
  • Alfred Jarry, Mestre Ubu, (1962). En colaboración con Luís de Lima. Lisboa, Minotauro

Antoloxías feitas por O’Neill editar

  • Gomes Leal (1959). Antologia Poética. (En colaboración con F. da Cunha Leão), Lisboa, Guimarães.
  • Teixeira de Pascoaes (1962). Antologia Poética (En colaboración con F. da Cunha Leão), Lisboa, Guimarães.
  • Carl Sandburg (1962). Antologia Poética, Lisboa, Edições Tempo.
  • João Cabral de Melo Neto (1963). Poemas Escolhidos, Lisboa, Portugália.
  • Vinicius de Moraes (1969). O Poeta Apresenta o Poeta, Lisboa, D. Quixote.
  • Poesía Portuguesa Contemporánea / Poesia Portuguesa Contemporânea (1977). (En colaboración coa Secção de Literatura da Direção Geral de Ação Cultural), ed.bilingüe, Lisboa, Secretaria de Estado da Cultura.

Discos de poesía editar

  • Alexandre O´Neill Dito por Sinde Filipe (2010). Dinalivro. Audiolibro.
  • Alexandre O’Neill diz poemas da sua autoria – colección «A Voz e o Texto», Discos Decca, PEP 1010.
  • Os Bichos também são gente – colección «A Voz e o Texto», Discos Decca, PEP 1278.

Filmografía editar

Guionista[12]

  • 1962 – Dom Roberto
  • 1963 – Pássaros de Asas Cortadas
  • 1967 – Sete Balas Para Selma
  • 1969 – Águas Vivas
  • 1970 – A Grande Roda
  • 1975 – Schweik na Segunda Guerra Mundial (TV)
  • 1976 – Cantigamente (3 episódios da série)
  • 1978 – Nós por cá Todos Bem
  • 1979 - Ninguém (TV)
  • 1979 - Lisboa (TV)

Actor (Narrador) editar

  • 1933 – Las Hurdes, tierra sin pan
  • 1969 – Águas Vivas
  • 1971 – Sever do Vouga. Uma Experiência
  • 1976 – Máscaras

Traducións das súas obras editar

  • Portogallo, Mio Rimorso, (1966). Tradutor: Joyce Lussu, Turín, Editora Einaudi.
  • Made in Portugal, (1978). Tradutor: Antonio Tabucchi, Milán, Guanda.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Alexandre O' Neill. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-05-29. 
  2. 2,0 2,1 Oliveira, Maria Antónia. "Alexandre O'Neill". instituto-camoes.pt (en portugués). 
  3. Marques, Joana Emídio. "70 anos depois ainda não sabemos o que é o Surrealismo". Observador (en portugués). Consultado o 2020-05-29. 
  4. "Mundo literiraio" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  5. "Litoral" (PDF). /hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  6. 6,0 6,1 Carlos Lourenço do Carmo da Câmara Bobone (1997). História da Família Ferreira Pinto Basto. I ou II. Lisboa. 403. 
  7. Biografia do portal Vidas Lusófonas, feita por Fernando Correia da Silva
  8. Redação. "21 de agosto, morre o poeta surrealista Alexandre O’Neill". PT Jornal (en portugués). Consultado o 2020-05-29. 
  9. "Alexandre O'Neill". arlindo-correia.com. Consultado o 2020-05-29. 
  10. "cidadáns agraciados". ordens.presidencia.pt. 
  11. Guia Visão - Portugal Inesquecível, páx. 175
  12. "Alexandre O'Neill". IMDb. Consultado o 2020-05-29. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar