Luís de Sttau Monteiro

escritor portugués

Luís Infante de Lacerda de Sttau Monteiro, nado en Lisboa o 3 de abril de 1926 e finado no mesmo lugar o 23 de xullo de 1993, foi un escritor portugués.

Infotaula de personaLuís de Sttau Monteiro
Biografía
Nacemento3 de abril de 1926 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1993 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista , dramaturgo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0599221 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Luís de Sttau Monteiro naceu o 3 de abril de 1926 en Lisboa.[1]

De ascendencia española,[2] con dez anos de idade mudouse para Londres con seu pai, Armindo Monteiro, embaixador de Portugal.[3] Con todo, en 1943 este último é cesado no seu cargo por Salazar o que os levou a regresar a Portugal.[1]

Xa en Lisboa, licenciouse en Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, traballando como avogado por un curto período de tempo dedicándose, despois de nova pasaxe polo Reino Unido, ao xornalismo.[1]

A súa estadía en Inglaterra, durante a xuventude, colocou Sttau Monteiro en contacto con algúns movementos de vangarda da literatura anglo-saxónica. Na súa obra narrativa retratou ironicamente correctos estratos da burguesía lisboeta e aspectos da sociedade portuguesa contemporánea.[4]

Ao regresar a Portugal colabora en diversas publicacións destacándose na revista Almanaque (onde usou o pseudónimo Manuel Pedrosa) e o suplemento A Mosca do Diário de Lisboa. Neste último, crea a sección Guidinha.[1]

Sttau Monteiro estreouse nas publicacións en 1960, con Um Homem não Chora, a que se seguiu Angústia Para o Jantar (1961).[1]

Como dramaturgo destaca xa en 1961 co drama narrativo histórico Felizmente há Luar!, unha peza situada na liña do teatro épico.[1] Esta obra foi galardoada co gran Premio de Teatro atribuído pola Sociedade de Escritores e Compositores Teatrais Portugueses (actual SPA) mais a súa representación foi, no entanto, prohibida pola censura.[1] A peza en dous actos, narra o drama do xeneral Gomes Freire de Andrade, perseguido por gobernantes que dominaban o pobo polo medo e pola ignorancia.[5]

Sttau Monteiro foi prendido por sospeita de colaborar na "Intentona de Beja" de 1962 o que o levou a que volvese a vivir, entre 1962 e 1967, na Inglaterra. Alí faise piloto de Fórmula 2.[6] Regresado a Portugal foi prendido pola PIDE en 1967, polas críticas á ditadura vixente e á guerra colonial incluídas nas súas pezas satíricas A Guerra Santa (1967) e A Estátua (1967).[1]

Só tras a Revolución do 25 de Abril a súa peza Felizmente há Luar! foi presentada nos escenarios portugueses. Aconteceu primeiro en 1975 polo TEB - Teatro Ensaio do Barreiro seguindo, en 1978, a representación pola compañía do Teatro Nacional D. Maria II.[1]

Sttau Monteiro foi aínda colaborador de semanarios como o Se7e, O Xornal ou Expresso.[1]

En 1985, a súa novela inédita Agarra o Verão, Guida, Agarra o Verão serviu de argumento á telenovela Chuva na Areia.[7]

Luís de Sttau Monteiro morreu o 23 de xullo de 1993, en Lisboa.[1] Está enterrado no Cemiterio de Loures.[8]

O 9 de xuño de 1994 foi feito Grande-Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada a título póstumo.

Obras editar

Ficción editar

  • Um Homem não Chora (1960). Lisboa: Ática. Inclúe a novela Por-do-Sol no Areeiro.
  • Angústia para o Jantar (1961). Lisboa: Ática.
  • E se for Rapariga Chama-se Custódia (1966). Lisboa: Movimento.
  • Redacções da Guidinha (1971). Lisboa: Ática.
  • Agarra o Verão, Guida, Agarra o Verão (1985). † novela inacabada inédito.

Teatro editar

  • Felizmente Há Luar! (1961). Lisboa?: Jornal do Fôro.
  • Todos os Anos, pela Primavera (1963). Lisboa: Guimarães Editores.
  • A Guerra Santa (1966). Lisboa: Ed. Minotauro.
  • A Estátua (1967). Lisboa.
  • As Mãos de Abraão Zacut (1968). Lisboa: Atica.
  • Sua Excelência (1971). Lisboa: Ed. Ática.
  • Crónica Atribulada do Esperançoso Fagundes (1981). Lisboa: Ática.

Adaptacións teatrais editar

  • O Barão, da novela de Branquinho da Fonseca (1964). Lisboa: Edicións Atica.
  • Auto da Barca do Motor fóra da Borda, do Auto da Barca do Inferno de Gil Vicente (1966). (Lisboa: Ed. Atica.

Traducións teatrais editar

  • Summer and Smoke (Fume de verán), de Tennessee Williams (1962). Lisboa: Publicações Europa-América.
  • The Dumb Waiter (O Monta-cargas) de Harold Pinter (1963). Lisboa: Edicións Tempo.

Telenovela editar

  • Chuva na Areia (1985). RTP. Guionista.[9]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "LUÍS DE STTAU MONTEIRO". cvc.instituto-camoes.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2019. 
  2. Infopédia. "Luís de Sttau Monteiro - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  3. Aires Oliveira, Pedro. "Atribulações de Um Fascista Anglófilo, «Armindo Monteiro: Uma Biografia Política»" (PDF). analisesocial.ics.ul.pt (en portugués). 
  4. Sturrock, John (1996). The Oxford Guide to Contemporary World Literature. Oxford University Press. ISBN 9780192833181. 
  5. "Um dia com Luís de Sttau Monteiro". Um dia com Luís de Sttau Monteiro. Consultado o 2020-04-30. 
  6. Geocaching. "Geocaching - The Official Global GPS Cache Hunt Site". www.geocaching.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2014. Consultado o 2020-04-30. 
  7. "Um dia com Luís de Sttau Monteiro". Um dia com Luís de Sttau Monteiro (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  8. SAPO. "Já pensou em fazer turismo num cemitério? Em Loures já é possível". SAPO 24 (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 
  9. "Chuva na Areia" (en portugués). Consultado o 2020-04-30. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar