Aleksander Kuźmin

matemático, informático e numismático polaco
(Redirección desde «Aleksander Maria Kuźmin»)


Aleksander Maria Kuźmin, nado en Poznan o 30 de agosto de 1939, é un numismático, heraldista, matemático e informático polaco, que presidiu a Sociedade Numismática Polaca.

Infotaula de personaAleksander Kuźmin


Nome orixinalAleksander Maria Kuźmin
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1939
Poznan, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte Poznan.
Polonia Polonia
Cargos
Presidente da
Sociedade Numismática Polaca
Período2001 – 2003
AntecesorJ. Pininski
SucesorM. Mielczarek
Datos persoais
País de nacionalidadePolaca.
EducaciónEscola Superior Pedagóxica de Gdansk.
Actividade
Campo de traballoNumismática, heráldica, matemáticas e informática.
Ocupaciónnumismático , matemático , informático teórico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Formación

editar

Aleksander Kuźmin naceu en 1939 en Poznan, a capital da rexión da Gran Polonia. Logo da súa graduación en educación secundaria en 1961, ingresou na Escola Superior Pedagóxica de Gdansk, onde acadou o mestrado en Matemáticas.[1]

editar

Pouco despois comezou a súa traxectoria profesional na compañía ZETO, de tecnoloxías de computación electrónica ZETO. En 1972-1973 traballou como tecnólogo informático na empresa IMWM, en Gdynia, e nos anos 1974 a 1980 como tecnólogo xefe e logo como subdirector de deseño e programación no centro informático de construción ETOB, en Gdansk.[1]

Logo de dirixir no período 1980-1982 o centro informático Polmo Obaj Gdańsk, nos anos 1983 a 1995 retomou a súa actividade en ZETO como xefe do departamento de medios e, tras a adquisición de ZETO por parte do grupo Prokom, foi o director do seu departamento de formación.[1]

No período 1995-2000 traballou en PZU como xefe do departamento de Tecnoloxías da Información do distrito de Gdansk, e de 2000 a 2004 traballou no centro de formación Combidata.[1]

Numismático e heraldista

editar

Paralelamente ao seu labor profesional, Aleksander Kuźmin é tamén un recoñecido numismático e heraldista. En 1978 ingresou na Sociedade Numismática Polaca, a cuxa directiva pertenceu desde 1995, e entre 2001 e 2003 ocupou a presidencia da entidade. Nesta sociedade foi recoñecido con diversos premios e foi nomeado membro honorífico.[1][2]

Kuźmin realizou diversos relatorios en xornadas e exposicións numismáticas internacionais, e é autor de diversos opúsculos e libros sobre numismática. Tamén foi o fundador e editor da publicación periódica Gdańskie Zeszyty Numizmatyczne ("Cadernos Numismáticos de Gdansk") entre 1988 e 2013.[1] Nos anos 2001-2003 foi membro do consello editorial de Biuletynu Numizmatycznego ("Boletín Numismático") e coeditor, xunto con Małgorzata Sokołowska, do segundo volume da Encyklopedii Gdyni ("Enciclopedia de Gdynia").[3] Igualmente, Kuźmin foi editor da revista Medalierstwo i Faleristyka ("Medallística e Farelística").[1]

Aleksander Kuźmin é tamén membro da Sociedade Polaca de Xenealoxía e Heráldica, e formou parte da comisión para o cambio da imaxe do escudo da de Rumia, creada polo concello desta cidade polaca en 1994.[4] Tamén foi membro do xurado do concurso para a creación do escudo de armas do distrito de Chylonia, en Gdynia, en 1999.

Recoñecementos

editar

Ao longo da súa traxectoria, Aleksander Kuźmin foi merecedor dos seguintes recoñecementos:[1]

  • Premio do Ministerio da Industria da Construción, polo desenvolvemento de novas tecnoloxías de rexistro de datos (1974).
  • Insignia de ouro da Sociedade Numismática Polaca.
  • Medalla ao Mérito da filial de Gdansk da Sociedade Numismática Polaca.
  • Diploma honorífico da Sociedade Numismática Polaca (tres veces).
  • Medalla de ouro prof. Ryszard Kiersnowski.
  • Medalla ao Mérito da Numismática.
  • Insignia de Activista Cultural Meritorio.

Publicacións

editar

Aleksander Kuźmin é autor de numerosos artigos e colaboracións numismáticas publicados, entre outros, en revistas como Biuletynu Numizmatycznego, Biuletynu Numizmatycznego, Grosz ou Magazynie numizmatycznym. Tamén publicou diversos traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes.[1]

Escolma de monografías

editar
  • (1993). Fałszerstwa Monet Wolnego Miasta Gdańska ["Falsificacións de moedas da cidade libre de Gdansk"]. Biuro Heraldyczno-Numizmatyczne, Gdynia.
  • (2003). Organizacja mennic i techniki mennicze w Polsce w XVI i XVII wieku ["Organización de casas de moeda e técnicas de cuñaxe en Polonia nos séculos XVI e XVII"]. Varsovia. [5]
  • (2006). Katalog żetonów sopockiego kasyna gry ["Catálogo de fichas de xogo de casino de Sopot"]. A-S 34. ISBN 9788391935743 [6]
  • (2009). Gdynia w numizmatyce ["Gdynia en numismática]. Polskie Towarzystwo Numizmatyczne. ISBN 9788385057758 [7]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Aleksander Maria Kuźmin". En Biuletyn Numizmatyczny. 2014. Polskie Towarzystwo Numizmatyczne. Nº 1. Páxinas 67-68. ISSN 0006-4017
  2. "Polish Numismatic Society". Polskie Towarzystwo Numizmatyczne (PTN.pl).
  3. Encyklopedia Gdyni. Tom 2. Goodreads.com
  4. Bykowska, S. (2014). Historia Rumi w latach 1945–1990. Tom II. ISBN 978-83-7591-378-1
  5. "Aleksander M. Kuźmin „ORGANIZACJA MENNIC i TECHNIKI MENNICZE W POLSCE XVI-XVII w.””. Gdynia 2008". Ptngdansk.pl
  6. "Aleksander M. Kuźmin „KATALOG ŻETONÓW SOPOCKIEGO KASYNA GRY z okresu międzywojennego””. Gdynia 2008". Ptngdansk.pl
  7. "Aleksander M. Kuźmin „GDYNIA W NUMIZMATYCE”. Gdynia 2008". Ptngdansk.pl

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar