Alejandro Losada Rodríguez

taekwondista galego

Alejandro Losada Rodríguez, tamén coñecido como Álex Camba,[1] nado en Monforte de Lemos o 2 de setembro de 1999, é un taekwondista galego que foi campión de España en varias ocasións e participou en dous campionatos do mundo.

Infotaula de personaAlejandro Losada Rodríguez
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1999 (24 anos)
Monforte de Lemos, Galicia Galicia
Datos persoais
Outros nomesÁlex Camba
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,82 m
Actividade
Ocupacióntaekwondista Editar o valor em Wikidata
DeporteTaekwondo
Membro do equipo deportivoClub Taekwondo Neka

Traxectoria editar

Nado en Monforte de Lemos, iniciouse no taekwondo aos sete anos no Colexio Ferroviario, no que estudou.[2] Non obstante, a súa carreira deportiva está ligada ao Ximnasio Neka, referente do taekwondo galego, situado nesa localidade. Participou en marzo de 2013 no campionato galego[3] e en abril dese mesmo ano conseguiu a medalla de prata no campionato provincial escolar na modalidade de combate.[4]

No campionato galego celebrado en marzo de 2015 foi quinto na modalidade de técnica.[5] En abril do mesmo ano acadou a medalla de bronce no Open de España disputado en Pontevedra en tríos xunto a Samuel López e Carlos Rey[6] e tamén no campionato galego disputado en Monforte de Lemos xunto a Samuel López.[7] No campionato de España disputado no mes de maio en Marina d'Or (Castelló) o trío repetiu a medalla de bronce.[8]

En outubro de 2015 o mesmo trío gañou a medalla de ouro no Open Internacional de Ribeira.[9] Nese torneo, Losada tamén conseguiu unha medalla de prata de xeito individual.[9] En novembro de 2015 gañou a medalla de ouro no Open Cidade de Vilalba.[10] No campionato de España disputado en decembro en Benicàssim (Castelló) o trío formado por Álex Losada, Carlos Rey e Rodrigo Huanay fíxose coa medalla de prata.[11] En marzo de 2016 participou no campionato galego celebrado en Teo, no que obtivo a quinta praza na categoría júnior e foi bronce en parellas con Elena Varela e en tríos con Carlos Rey e José Roca.[12] No Open de España disputado en abril en Benicàssim non puido participar debido a unha lesión.[13] En maio, o trío do Ximnasio Neka formado por Álex Camba, José Roca e Carlos Rey proclamouse campión coa selección galega no Open de Andalucía, mentres que individualmente Álex Losada foi bronce.[14] No campionato de España disputado en xuño en Marina d'Or foi oitavo, mentres que o trío acadou a medalla de bronce.[15] No torneo Cidade de Ourense foi bronce.[16]

A tempada 2016/17, no Open de Ribeira foi prata individual e bronce en parellas xunto a Elena Varela.[17] No torneo Cidade de Pontevedra foi ouro xunto a José Roca e Carlos Rey.[18] No Campionato de España disputado en decembro en Alacant foi ouro na modalidade de trío xunto a José Roca e Carlos Rey, prata de xeito individual e bronce en parellas xunto a Elena Varela.[19] En xaneiro de 2017 foi medalla de bronce no campionato galego celebrado en Cangas.[20] No campionato galego celebrado en Monforte en febreiro, gañou a medalla de ouro individual e a de bronce no dúo xunto a Elena Varela.[21] En marzo debutou na categoría sénior no campionato de España en Cartaxena coa sétima posición.[22] Foi tamén o ano do seu debut internacional (e do Ximnasio Neka) no Open de Bruxelas, en Bélxica.[23] No Open de España celebrado en Alacant foi bronce na categoría individual[24] e no Open Nacional de Marina d'Or acadou a medalla de ouro de xeito individual e tamén en parellas xunto a Elena Varela.[25]

A tempada 2017/18 comezou con dous metais de bronce no Open de València, individual e en parellas xunto a Elena Varela.[26] No Open de Ribeira conseguiu a medalla de ouro[27] e no de Navarra a de bronce.[28] En novembro foi medalla de prata na Copa Xunta de Galicia disputada en Teo,[29] mentres que no torneo Vila de Moaña foi ouro individual e prata en parellas xunto a Elena Varela.[30] No Campionato de España en Marina d'Or conseguiu dúas medallas de bronce, individual e en parellas con Elena Varela.[31] No campionato galego celebrado en Monforte en xaneiro de 2018 foi prata de xeito individual e bronce xunto a Elena Varela.[32] En xaneiro participou tamén no Open de Francia en Lille, onde foi noveno, quedando ás portas da final.[33] No Open de Madrid foi bronce individual e tamén xunto a Elena Varela,[34] medalla que repetiu no campionato de España celebrado en Valladolid.[35] Os seus bos resultados sumando medallas en todos os campionatos nacionais e autonómicos dende maio de 2017 valéronlle para ser convocado pola selección española de taekwondo.[2] No Open de Andalucía fíxose coa medalla de ouro individual e coa de prata xunto a Elena Varela. A parella debutou no mes de abril no mundial de taekwondo praia na illa grega de Rodas, no que acadaron a medalla de bronce.[36] No campionato de España foron medalla de prata.[37] Os éxitos desa tempada foron claves para ser declarado deportista galego de alto nivel pola Xunta.[38]

A tempada 2018/19 comezou con dous ouros no Open de Ribeira, en parellas con Elena Varela e tamén de xeito individual.[39] No Open de Madrid Embaixador de Corea a parella foi bronce.[40] Malia que quedaran segundos no ránking nacional, a baixa da parella líder pola lesión dunha das súas compoñentes fixo que puideran participar no Campionato do Mundo de taekwondo celebrado en Taipei (Taiwán) entre o 15 e o 18 de novembro de 2018.[41] A pesar da súa boa actuación non puideron superar a primeira fase do campionato.[42] Na Copa Xunta celebrada en Vigo acadou a medalla de prata.[43] No campionato galego celebrado en xaneiro de 2019 en Monforte acadou dúas pratas, individual e en parellas na modalidade de técnica, e un bronce, en parellas en freestyle.[44] No Open de Alemaña foi medalla de bronce, clasificándose automaticamente para o campionato de Europa.[45] En parellas foi oitavo na modalidade de técnica e sétimo en freestyle xunto a Elena Varela.[45] No Open de Andalucía conseguiu tres bronces (individiual e por parellas en técnica e freestyle)[46] e no Campionato de España en Alacant foi quinto individualmente[47] e medalla de prata en parellas. No Campionato de Europa celebrado en Antalya (Turquía) conseguiu a medalla de bronce.[48] No torneo Cidade de Ourense fíxose con tres ouros: individual, en freestyle xunto a Elena Varela e en tríos xunto a José Roca e Carlos Rey.[49]

En novembro de 2019 acadou dúas pratas no Cidade de Pontevedra, individual e xunto a Elena Varela,[50] medalla que tamén acadou en solitario no Open de París.[51] No torneo Vila de Moaña conquistou a medalla de ouro de xeito individual e a de prata xunto a Elena Varela.[52] No Campionato de España disputado en Alacant proclamouse campión, mentres que en parellas foi subcampión xunto a Elena Varela.[53] No primeiro Open de Monforte fíxose co ouro individual e en parellas, tanto en técnica como en freestyle, sendo o mellor competidor do torneo.[54] Tamén foi ouro na Copa Xunta en Sada.[55] No campionato galego disputado en Monforte obtivo dúas pratas, tanto individual como en parellas.[56] No Open de Madrid acadou a medalla de ouro no trío xunto a Carlos Rey e Alejandro Losada, ademais de conseguir a prata individualmente.[57] No campionato de España de seleccións territoriais disputado en Torrelavega (Cantabria) conquistou a medalla de ouro[58] e o Consello Superior de Deportes outorgoulle a distinción de deportista de alto nivel.[59] No Open de Ribeira acadou a medalla de ouro, resultado que o clasificaba virtualmente para o mundial de Dinamarca, cancelado pola pandemia por coronavirus. Ademais, tamén conquistou o ouro nas modalidades de trío e freestyle.[60]

En decembro de 2020 disputou a final do mundial online, no que acadou a oitava posición.[61] En marzo de 2021 logrou a medalla de ouro no campionato galego celebrado en Moaña.[62] No campionato de España celebrado en maio do mesmo ano en Benidorm, conseguiu dúas medallas: unha de ouro no trío formado xunto a Carlos Rey e Álvaro Portela, e unha de prata na modalidade individual.[63]

A tempada seguinte comezou con medallas no Open de Navarra celebrado en outubro de 2021, concretamente dous ouros, nun na modalidade individual e outro no trío formado xunto a Carlos Rey e Álvaro Portela.[64] En novembro tamén conseguiu a medalla de ouro no Open Cidade de Pontevedra.[65] Nese mesmo mes participou no campionato europeo celebrado en Lisboa, no que acadou a medalla de ouro no trío formado xunto a Carlos Rey e Álvaro Portela.[66] En decembro proclamouse campión de España en Benidorm, tanto na modalidade individual como no trío xunto a Carlos Rey e José Roca.[67] Tamén conquistou o ouro na Copa Xunta[68] e a prata no Open de Madrid tanto na modalidade individual como en trío.[69] No campionato galego de técnica disputado en Teo en xaneiro de 2022 tamén acadou dous ouros, na modalidade individual e en trío, o que lle valeu a clasificación para o campionato de España.[70] Nese campionato acadou o ouro en trío xunto a Carlos Rey e Álvaro Portela, así como o bronce individual, clasificándose para o Mundial de Corea xunto a outros sete deportistas do Ximnasio Neka.[71] Malia non conseguir medalla no Mundial, Álex Camba quedou entre os dez mellores do mundo.[72] En maio de 2022 acadou o ouro no campionato de España universitario disputado en Murcia, no que tamén conseguiu un metal de bronce xunto a Elena Varela.[73]

A tempada 2022/23 iniciouse cun bronce en parellas xunto a Noelia Pérez na modalidade de freestyle na Copa de Europa disputada en Estocolmo.[74] Tamén acadou o ouro no Open Vila de Moaña,[75] no Cidade de Pontevedra,[76] na Copa Xunta[77] e no torneo Vila de Moaña.[78] En decembro conseguiu dous ouros, individual e en trío xunto a Carlos Rey e José Roca, no Campionato de España celebrado en Alacant.[79] No Campionato galego celebrado en Monforte de Lemos en xaneiro de 2023 acadou dous ouros, individual e no trío formado xunto a Carlos Rey e Dani Areán.[80] No Open de París disputado en febreiro acadou o ouro no trío que formou xunto a Carlos Rey e Dani Areán.[81] Nese mesmo mes proclamouse campión de España coa selección galega en La Nucia (Alacant) tanto de xeito individual como no trío formado xunto a Carlos Rey e Dani Areán.[82] En marzo foi prata no Nacional Universitario celebrado en Burgos.[83] En abril acadou o ouro no Open de España celebrado en La Nucia no trío formado xunto a Carlos Rey e Dani Areán, ademais dunha prata individual.[84]

Palmarés editar

Campionatos do mundo editar

Ano Campionato Lugar Categoría Medalla Observacións
2018 Campionato Mundial de Praia Poomsae   Rodas, Grecia Parellas sub-18   xunto a Elena Varela

Campionatos de Europa editar

Ano Campionato Lugar Categoría Medalla
2019 Campionato Europeo de Poomsae   Antalya, Turquía Individual sub-30  

Campionatos de España editar

Ano Campionato Lugar Categoría Medalla Observacións
2020 Campionato de España de Poomsae Torrelavega, Cantabria Sénior 1 (1990-2002)  
2019 Campionato de España de clubs de Poomsae Alacant Individual +18  
Parellas +18   Xunto a Elena Varela
Campionato de España de Poomsae Alacant Parellas 18-30 anos   Xunto a Elena Varela
2018 Campionato de España e clubs de Poomsae Marina d'Or, Castelló Parellas   Xunto a Elena Varela
Campionato de España de Poomsae Valladolid Individual sénior  
2017 Campionato de España de clubs de Poomsae Marina d'Or, Castelló Individual sénior  
Parellas sénior   Xunto a Elena Varela
2016 Campionato de España de clubs de Poomsae Alacant Trío júnior   Xunto a Carlos Rey e José Roca
Individual júnior  
Campionato de España de clubs de freestyle Parellas -17   Xunto a Elena Varela
Campionato de España de Poomsae Marina d'Or, Castelló Trío júnior   Xunto a Carlos Rey e José Roca
2015 Campionato de España de clubs de Poomsae Benicàssim, Castelló Trío júnior   Xunto a Carlos Rey e Rodrigo Huanay
Campionato de España de Poomsae Marina d'Or, Castelló Trío júnior   Xunto a Carlos Rey e Samuel López

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. "Os deportistas monfortinos Alejandro Losada e Laura Álvarez recibidos polo alcalde". Diario de Lemos. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "Presente e futuro do taekwondo". La Voz de Galicia. 8 de marzo de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  3. "Iago García conquistou o campionato galego de taekwondo". Diario de Lemos. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  4. "Pleno de medallas del Neka en el provincial". La Voz de Galicia. 1 de maio de 2013. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  5. "El Neka conquistó cuatro medallas en el torneo gallego". La Voz de Galicia. 15 de marzo de 2015. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  6. "Medalla de bronce para el Neka". La Voz de Galicia. 15 de abril de 2015. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  7. "El Gimnasio Neka logró cinco medallas en el torneo gallego". La Voz de Galicia. 19 de abril de 2015. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  8. "Alejandro Fernández conquistó su tercer campeonato de España". La Voz de Galicia. 31 de maio de 2015. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  9. 9,0 9,1 "O Neka logrou nove medallas no Open de Ribeira". La Voz de Galicia. 20 de outubro de 2015. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  10. "O Ximnasio Neka conquistou dezaoito medallas en Vilalba". La Voz de Galicia. 24 de novembro de 2015. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  11. "Recoñecemento ao Ximnasio Neka". La Voz de Galicia. 22 de decembro de 2015. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  12. "O Ximnasio Neka obtivo seis medallas no torneo galego de taekwondo en Teo". La Voz de Galicia. 6 de marzo de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  13. "Os deportistas do Neka inician o Open de España". La Voz de Galicia. 16 de abril de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  14. "Un trío de ouro no Neka". La Voz de Galicia. 22 de maio de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  15. "O Neka logrou catro medallas no campionato de España". La Voz de Galicia. 14 de xuño de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  16. "Vinte medallas para o Neka". La Voz de Galicia. 26 de xuño de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  17. "O Ximnasio Neka conquistou dezanove medallas en Ribeira". La Voz de Galicia. 11 de outubro de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  18. "O Neka conquistou dez medallas no Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia. 1 de novembro de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  19. "Laura Álvarez, campioa de España de taekwondo". La Voz de Galicia. 9 de decembro de 2016. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  20. "O Ximnasio Neka bordouno no campionato galego de promesas". La Voz de Galicia. 24 de xaneiro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  21. "Dez medallas monfortinas no campionato galego". La Voz de Galicia. 27 de febreiro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  22. "Laura e Alejandro, campións de España de taekwondo". La Voz de Galicia. 12 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  23. "Sobresaínte no debut europeo". La Voz de Galicia. 21 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  24. "O Ximnasio Neka non se olvida de gañar". La Voz de Galicia. 25 de marzo de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  25. "O Neka logrou sete medallas no Open Nacional". La Voz de Galicia. 26 de abril de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  26. "Elena Varela e Álex Camba bórdano no Open de Valencia". La Voz de Galicia. 10 de outubro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  27. "Os deportistas do Ximnasio Neka brillaron no Open de Ribeira". La Voz de Galicia. 16 de outubro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  28. "O Neka logrou dúas medallas no Open de Navarra". La Voz de Galicia. 24 de outubro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  29. "O Neka logrou dezaoito medallas na copa Xunta". La Voz de Galicia. 23 de novembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  30. "Os deportistas do Ximnasio Neka bordárono no torneo Vila de Moaña". La Voz de Galicia. 30 de novembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  31. "O Neka abónase ás medallas". La Voz de Galicia. 8 de decembro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  32. "Nove medallas para o Neka". La Voz de Galicia. 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  33. "Camba, ás portas da final do Open de Francia". La Voz de Galicia. 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  34. "Elena Varela e Álex Camba loitarán por ir ao mundial de Taipei". La Voz de Galicia. 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  35. "Medalla de bronce para Álex Camba". La Voz de Galicia. 6 de marzo de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  36. "Bronce histórico para o Neka". La Voz de Galicia. 28 de abril de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  37. "O deportista do Neka, Daniel Areán, novo campión de España". La Voz de Galicia. 29 de maio de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  38. 38,0 38,1 "Álex Camba é un novo deportista galego de alto nivel". La Voz de Galicia. 24 de xullo de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  39. "Trece medallas para el Neka en el Open de Ribeira". La Voz de Galicia. 16 de outubro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  40. "Marco García e Carla Pardo debutaron cun bronce no Open de Madrid". La Voz de Galicia. 4 de novembro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  41. "Álex Camba e Elena Varela, directos ao mundial de taekwondo". La Voz de Galicia. 27 de agosto de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  42. "Estrea sen premio en Taiwán". La Voz de Galicia. 16 de novembro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  43. "O Ximnasio Neka bate o récord de medallas na copa Xunta". La Voz de Galicia. 19 de decembro de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  44. "O Ximnasio Neka logrou 12 medallas no campionato galego". La Voz de Galicia. 29 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  45. 45,0 45,1 "Álex Camba clasifícase para o campionato de Europa". La Voz de Galicia. 3 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  46. "Os deportistas do Neka logran oito medallas en Andalucía". La Voz de Galicia. 3 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  47. "Laura Álvarez, subcampioa de España de taekwondo". La Voz de Galicia. 10 de marzo de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  48. "Álex Camba, bronce no campionato de Europa de taekwondo". La Voz de Galicia. 2 de abril de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  49. "O Neka gañou o torneo Cidade de Ourense de taekwondo". La Voz de Galicia. 25 de xuño de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  50. "O Ximnasio Neka logrou 14 medallas no Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia. 5 de novembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  51. "O Ximnasio Neka exhíbese en París". La Voz de Galicia. 17 de novembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  52. "Quince medallas para o Neka en Moaña". La Voz de Galicia. 27 de novembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  53. "O taekwondo local brillou en Alacant". La Voz de Galicia. 6 de decembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  54. "O Ximnasio Neka arrollou no Open de Monforte de taekwondo". La Voz de Galicia. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  55. "O Ximnasio Neka logrou 12 medallas na copa Xunta". La Voz de Galicia. 22 de decembro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  56. "O Neka conquistou dezasete medallas no galego de taekwondo". La Voz de Galicia. 21 de xaneiro de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  57. "O Neka logrou 19 medallas no open de Madrid de taekwondo". La Voz de Galicia. 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  58. "Laura Álvarez e Álex Camba, campións de España de taekwondo". La Voz de Galicia. 1 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  59. 59,0 59,1 "Álex Camba, deportista de alto nivel". La Voz de Galicia. 20 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  60. "O Ximnasio Neka posiciónase ben cara ao mundial de Dinamarca". La Voz de Galicia. 3 de marzo de 2020. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  61. "Álex Camba, octavo del mundo". La Voz de Galicia. 10 de diciembre de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  62. "El Gimnasio Neka logró siete medallas en el campeonato gallego". La Voz de Galicia. 29 de marzo de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  63. "Récord de medallas del Neka". La Voz de Galicia. 22 de mayo de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  64. "El Neka hizo pleno de medallas en el Open de Navarra". La Voz de Galicia. 12 de outubro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  65. "Pleno de medallas del Neka en el Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia. 3 de novembro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  66. "Camba y Rey, campeones de Europa". La Voz de Galicia. 21 de novembro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  67. "El Neka conquista nueve medallas en el campeonato de España". La Voz de Galicia. 5 de decembro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  68. "El Neka conquistó doce medallas en la copa Xunta de taekuondo". La Voz de Galicia. 14 de decembro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  69. "Once medallas para el Neka y un pie en el mundial". La Voz de Galicia. 21 de decembro de 2021. Consultado o 22 de agosto de 2023. 
  70. "Doce medallas para el Neka en el campeonato gallego". La Voz de Galicia. 12 de xaneiro de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  71. "El Neka clasifica a ocho deportistas para el mundial de Corea de taekuondo". La Voz de Galicia. 30 de xaneiro de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  72. "Bronce para el Neka en el mundial". La Voz de Galicia. 22 de abril de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  73. "Álex Camba, campeón de España universitario de taekuondo". La Voz de Galicia. 30 de maio de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  74. "El Neka arrasa en la Copa de Europa". La Voz de Galicia. 5 de setembro de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  75. "Doce medallas para el Neka en el Open Vila de Moaña". La Voz de Galicia. 3 de outubro de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  76. "El Gimnasio Neka conquistó doce medallas en el Cidade de Pontevedra". La Voz de Galicia. 2 de novembro de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  77. "El Gimnasio Neka conquistó trece medallas en la copa Xunta de taekuondo". La Voz de Galicia. 22 de novembro de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  78. "Once medallas del Neka en el torneo Vila de Moaña". La Voz de Galicia. 29 de novembro de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  79. "El Neka conquistó ocho campeonatos de España en Alicante". La Voz de Galicia. 4 de decembro de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  80. "El Neka, tercero en el campeonato gallego". La Voz de Galicia. 21 de xaneiro de 2023. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  81. "El Neka logra cinco medallas en el Open de París". La Voz de Galicia. 13 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  82. "El Neka conquista seis oros y tres bronces en el campeonato de España". La Voz de Galicia. 20 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  83. "Álex Camba, plata en el Nacional". La Voz de Galicia. 27 de marzo de 2023. Consultado o 24 de agosto de 2023. 
  84. "Nueve medallas para el Neka en el Open de España". La Voz de Galicia. 15 de abril de 2023. Consultado o 24 de agosto de 2023.