Alejandro López Laz

baloncestista español

Alejandro López Laz, coñecido como Álex López, nado o 8 de maio de 1991 en La Laguna, Canarias, é un xogador profesional español de baloncesto con raíces en Galicia. Actualmente xoga para o Lenovo Tenerife da Liga ACB, no que xoga na posición de escolta cunha alzada de 1,89 metros.

Álex López
Lenovo Tenerife  – No. 25
Escolta
Información persoal
Nacemento 8 de maio de 1991 (29 anos)
Illas Canarias La Laguna, Canarias
Nacionalidade España España
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 89 kg (196 lb)
Información da carreira
Canteira Gran Canaria
Internacional Categorías inferiores
Carreira desde 2008
Historial de equipos
Gran Canaria (2008-2010) EBA / ACB
La Palma (2010-2011) LEB
Gran Canaria (2011) ACB
La Palma (2011-2012) LEB
Cáceres (2012-2013) LEB
Breogán (2013–2016) LEB
San Pablo Burgos (2016–2019) LEB / ACB
Canarias (2019–presente) ACB

TraxectoriaEditar

Formado no colexio Nuryana de La Laguna, chegou como júnior ao CB Gran Canaria previo paso pola canteira do Tenerife Club de Baloncesto. Alejandro López debutou da man de Pedro Martínez na Liga ACB, xogando un minuto na pista do Assignia Manresa, e na Eurocup na tampada 2009-10, disputou catro minutos ante o SLUC Nancy no Centro Insular de Deportes, achegando un punto e unha asistencia. Ese ano na Liga EBA fixo unha media de 11,3 puntos, 4,7 rebotes, 2,3 asistencias, 2,7 recuperacións e 12,2 de valoración.

En febreiro de 2011 o canteirán do Gran Canaria 2014, quen estaba cedido no UB La Palma, incorpórase á dinámica de traballo do conxunto de Pedro Martínez até final de tempada. O xogador será o substituto de Sitapha Savané, xa que o neerlandés Roeland Schaftenaar, incorporado ao primeiro equipo amarelo nun principio, tamén do UB La Palma, para paliar a baixa de Savané, regresou ao equipo palmeiro.[1] Postrriormente xogaría en Liga LEB co Cáceres, asinando co Club Baloncesto Breogán para a tempada 2013-14.

ClubsEditar

InternacionalEditar

PalmarésEditar

  • Prata no Europeo Sub16 de 2007 con España. en Creta (Grecia).
  • Campión do Nike International Júnior Tournament de Roma 2008-09 con La Caja de Canarias.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar