Alejandro López Laz
Alejandro López Laz, coñecido como Álex López, nado o 8 de maio de 1991 en La Laguna, Canarias, é un xogador profesional español de baloncesto. Xoga na posición de escolta cunha alzada de 1,89 metros. Actualmento xoga na liga Liga LEB.
San Pablo | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1991 (33 anos) La Laguna, España |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 89 kg (196 lb) |
Posición | Escolta |
Liga | Liga LEB |
Información da carreira | |
Canteira | Gran Canaria |
Internacional | Categorías inferiores |
Carreira | 2008−presente |
Historial de equipos | |
Gran Canaria (2008-2010) La Palma (2010-2011) Gran Canaria (2011) ACB La Palma (2011-2012) Cáceres (2012-2013) Breogán (2013–2016) San Pablo Burgos (2016–2019) Canarias (2019–2021) Fuenlabrada (2021–2022) San Pablo (2022−presente) |
Traxectoria
editarFormado no colexio Nuryana de La Laguna, chegou como júnior ao CB Gran Canaria previo paso pola canteira do Tenerife Club de Baloncesto. Alejandro López debutou da man de Pedro Martínez na Liga ACB, xogando un minuto na pista do Assignia Manresa, e na Eurocup na tampada 2009-10, disputou catro minutos ante o SLUC Nancy no Centro Insular de Deportes, achegando un punto e unha asistencia. Ese ano na Liga EBA fixo unha media de 11,3 puntos, 4,7 rebotes, 2,3 asistencias, 2,7 recuperacións e 12,2 de valoración.
En febreiro de 2011 o canteirán do Gran Canaria 2014, quen estaba cedido no UB La Palma, incorpórase á dinámica de traballo do conxunto de Pedro Martínez até final de tempada. O xogador será o substituto de Sitapha Savané, xa que o neerlandés Roeland Schaftenaar, incorporado ao primeiro equipo amarelo nun principio, tamén do UB La Palma, para paliar a baixa de Savané, regresou ao equipo palmeiro.[1] Postrriormente xogaría en Liga LEB co Cáceres, asinando co Club Baloncesto Breogán para a tempada 2013-14.
Clubs
editar- Gran Canaria (EBA / ACB, 2008−2010)
- La Palma (LEB, 2010−2011)
- Gran Canaria (ACB, 2011)
- La Palma (LEB, 2011−2012)
- Cáceres (LEB, 2012−2013)
- Breogán (LEB, 2013−2016)
- San Pablo Burgos (LEB / ACB, 2016−2019)
- Lenovo Tenerife (ACB, 2019−2021)
- Urbas Fuenlabrada (ACB, 2021−2022)
- San Pablo Burgos (LEB, 2022−presente)
Internacional
editarPalmarés
editar- Prata no Europeo Sub16 de 2007 con España. en Creta (Grecia).
- Campión do Nike International Júnior Tournament de Roma 2008-09 con La Caja de Canarias.