Albino Mallo
Albino Mallo Álvarez, nado en Vigo o 22 de abril de 1929[1] e finado o 16 de setembro de 2020 na Coruña,[2] foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1929 Vigo, España |
Morte | 16 de setembro de 2020 (91 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Xénero artístico | Ensaio |
Traxectoria
editarO pai, Albino Mayo García,[3] era un emigrante retornado[4] da Arxentina que abrira o (hoxe desaparecido) café Derby, de Vigo, local que durante boa parte do século XX foi lugar de parladoiros culturais na cidade. Mallo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago e marchou a Madrid traballar de pasante no despacho que tiñan Victoriano Fernández Asís e Cipriano Torre Enciso, mentres que estudaba un mestrado. Mallo simultaneou a súa formación coa escrita xornalística tanto en Santiago, en La Noche[5], como en Madrid, en Pueblo, neste caso grazas á mediación dos seus xefes avogados, que tamén escribían nel[2].
Volveu a Vigo en 1959, onde colexiou de avogado e empezou a exercer pero non lle gustraba polo que, nesa época, comezou a colaborar na radio con La Voz de Vigo[6] onde facía un programa de cultura canda a que logo sería a súa dona, Pilar Martínez Ledo. Proseguiu profesionalmente como xornalista, e non como avogado, e foi redactor en La Voz de León e despois, en 1962, director de La Voz de Extremadura e de La Voz de Guipúzcoa[2].
Licenciouse na Universidade de Navarra en Ciencias da Información,[7] e incorporouse á prensa escrita, na redacción do diario Unidad, e redactor xefe de La Voz de España, ambas as dúas cabeceiras en Donostia.
En 1979 ingresou na Axencia Efe, onde foi destinado primeiro como subdelegado a Bruxelas, e logo como delegado (correspondente xefe) en Montevideo e Santiago de Chile.[8] Neses primeiros anos oitenta cubriu as ditaduras suramericanas e a Guerra das Malvinas. A mediados dos anos oitenta foi nomeado delegado de EFE en Galicia e mudouse a vivir a Santiago de Compostela[2]. Rematou a súa carreira profesional en 1992, dirixindo El Ideal Gallego, aínda que até o final da súa vida seguiu a colaborar con distintos medios galegos con artigos de opinión, como en El Correo Gallego e con O Correo Galego, que despois mudou o nome a Galicia Hoxe.
Recoñecementos
editarObtivo o Premio Nacional Virxe do Carme e o Premio Nacional de xornalismo turístico e en 1999 recibiu a Medalla de Bronce de Galicia.
Obras en galego
editarEnsaio
editar- Colmeiro, Laxeiro e Torres, tres pintores históricos de Pontevedra, 2001, Xunta de Galicia.
- Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968, 2010, Vigo: Galaxia. ISBN 9788498652703
Obras colectivas
editar- A Coruña á luz das letras, 2008. A Coruña: Trifolium. ISBN 978-8493532543
Obras en castelán
editar- La otra medicina en Galicia, 1992, Biblioteca 114, Editorial Compostela. ISBN 84-85553-99-3
- Cuatro pasos por la India, 1996. San Sebastián: Caja de Ahorros Provincial de Guipuzcoa. ISBN 84-7231-255-0
- El hijo del emigrante, 2000. Santiago de Compostela: Tórculo. ISBN 84-8408-127-3
- La aventura de un periodista. Personajes que conocimos,[9] 2014. Camiño do Faro. ISBN 9788493878221
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Mallo Álvarez, Albino". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 350. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Muere el periodista vigués Albino Mallo a los 91 años". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2020.
- ↑ Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 81. VG 955-2010.
- ↑ "Derby, el café de las tertulias y la música, en Urzaiz". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-10-04. Consultado o 2020-09-18.
- ↑ "Albino Mallo, aquel pionero de 'La Noche'". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-09-18.
- ↑ "Albino Mallo 1929-2020". aelg.gal. Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ Redacción (18 de setembro de 2020). "Fallece el periodista Albino Mallo, defensor y divulgador de la comarca de Omaña". ileon.com (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ "Albino Mallo". caminodofaro.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ Redacción (21 de outubro de 2014). "Albino Mallo aporta su visión periodística". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2020.