Alberguería, A Veiga
antiga parroquia do concello da Veiga
Coordenadas: 42°14′51″N 7°01′50″O / 42.247446, -7.030469
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alberguería.
Alberguería foi unha aldea e unha parroquia do concello da Veiga, asolagada en 1958 pola construción do encoro de Prada, do río Xares.
No momento do asolagamento tiña 103 veciños e 536 habitantes[1]. A maioría destes marchou á emigración Arxentina, Venezuela, Brasil, Francia, Alemaña, Suíza, o País Vasco e Cataluña e uns poucos desprazáronse a Ourense e Vigo. A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi reconstruída en 1959 na Veiga de Cascallá (Rubiá)[2].
Na actualidade existe unha asociación cultural que traballa para a recuperación da memoria da comunidade.
NotasEditar
- ↑ Habitantes en 1958, en www.albergueria.es
- ↑ "Aquí nos vendría bien la iglesia de Alberguería", artigo en La Voz de Galicia, 10 de setembro de 1995.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Web da Asociación Cultural Alberguería - Oleiros.
- Casas da vila, traballo realizado en marzo de 2006 por Secundino Lorenzo Fernández, rexistrado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense.