Alba de gloria

obra literaria de Castelao
(Redirección desde «Alba de groria»)

Alba de gloria (orixinalmente "Alba de groria") é un coñecido discurso de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pronunciado co gallo do Día da Patria Galega (25 de xullo) de 1948 no festival do Centro Gallego de Buenos Aires celebrado no Teatro Argentino, publicado ese mesmo mes no número 463 d'A Nosa Terra e que o autor manifestou que comenzara a escribir un ano antes, en 1947, en Marsella (Francia).

Alba de gloria
Edición de 1951 do Centro Gallego de Buenos Aires.
Autor/aAlfonso Daniel Rodríguez Castelao
Lingualingua galega
Data de pub.xullo de 1948
editar datos en Wikidata ]

Significación editar

Dadas as circunstancias históricas nas que se fixo —posguerra civil, exilio do galeguismo— e o talle histórico do seu autor, a significación deste discurso vai máis alá da celebración dun 25 de xullo concreto senón que é visto polo nacionalismo galego coma probablemente o documento que mellor reflicte as aspiracións e ideais deste movemento.

 
Narracións e outras prosas na Biblioteca Básica da Cultura Galega. Inclúe: Un ollo de vidro, Retrincos, Os dous de sempre, Alba de gloria e outras prosas.

A primeira frase do discurso, Se no abrente deste día úsase entre nacionalistas tanto para referirse a este texto coma para referirse en xeral ás arelas do nacionalismo galego.

Os dous primeiros parágrafos xa foran escritos un ano antes e forman parte do cap. I do cuarto libro de Sempre en Galiza.[1] Lembraba así Castelao o discurso "A significación espiritual do Día da Galiza", que pronunciara Ramón Otero Pedrayo "nun teatro de Vigo, van alá dezaseis anos".

O título, "Alba de groria", co que se publicou a partir de 1951, probablemente non foi escollido polo propio autor, senón por Eduardo Blanco Amor[2] que foi, tamén, o que fixo a tradución ao castelán.[3]

O Consello da Cultura Galega organizou unha exposición sobre el en 2018.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar