Alba Nogueira

xurista e profesora galega
(Redirección desde «Alba Nogueira López»)


María da Alba Nogueira López, nada en Toba (Cee) o 7 de agosto de 1968, é unha xurista galega, catedrática de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela. É membro correspondente da Real Academia Galega dende 2012[1].

Infotaula de personaAlba Nogueira
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Toba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Católica de Louvain Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , profesora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, profesor titular (2003–)
Universidade de Santiago de Compostela (2002–2003)
Universidade de Santiago de Compostela (1999–2002)
Universidade de Santiago de Compostela (1997–1999)
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Participou en
25 de febreiro de 2020Manifesto por unha política migratoria e de asilo propia dunha sociedade democrática avanzada Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeXavier Vence Editar o valor em Wikidata
PaiCamilo Nogueira Román Editar o valor em Wikidata

Twitter: albadetoba Dialnet: 2547577 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Camilo Nogueira e Paz López Facal licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991. Ampliou estudos na Universidade Católica de Lovaina (1992-1993) realizando un Mestrado en Dereito Internacional e Europeo e doutorouse en 1997. Especialista en Dereito Ambiental, intervención administrativa na economía e dereitos lingüísticos é membro dende 2009 da Comisión de Lingua e Comunicación do Consello da Cultura Galega e forma parte do consello científico da revista catalá Llengua i Dret, da Revista Vasca de Administración Pública e da Revista Catalana de Dret Ambiental. É coordinadora da Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social (Armela).[2][3]

Actividade política editar

Como estudante participou nos Comités Abertos de Facultade e foi representante no Consello de Goberno da USC. Foi membro da Comisión Xurídica de Nunca Máis e milita en Adega. Contribuíu a organizar ANPAS Galegas e a Federación de Anpas de Compostela. Participou na Mesa Sectorial de Universidades en representación da CIG.

Sen militancia política na actualidade, no pasado colaborou co PSG-Esquerda Galega, Bloque Nacionalista Galego e con En Marea.[4] En 2013 entrou no Consello Nacional do BNG.[5]

Obra editar

  • Estatuto xurídico da lingua galega. Xerais, 2005 (con Antonio X. Ferreira, Anxo Tato e Luís Villares)
  • An Alternative Economic Governance for the European Union. Centre Maurits Coppieters, Bruxelas, 2013 (con Alberto Turnes e Xavier Vence)
  • Investigación e lingua. Propostas para a mellora da presenza do galego na actividade científica. Universidade de Vigo, 2014
  • Crisis, derechos sociales e igualdad (dir.), Tirant lo Blanch, 2015.
  • La termita Bolkestein. Mercado único vs. derechos ciudadanos (dir.), Civitas, 2012.
  • Shaping language rights: Commentary on the European Charter for Regional or Minority Languages in light of the Committee of Experts' evaluation (ed.), Council of Europe, 2012
  • Evaluación de impacto ambiental. Evolución normativo-jurisprudencial, cuestiones procedimentales y aplicación sectorial (dir.), Atelier, Barcelona, 2009.
  • Titularidad, competencias y fiscalidad de las aguas minerales y termales. Marco comunitario de protección ambiental (dir.), Ed. Aranzadi, 2009.
  • Régimen jurídico de la selección del profesorado universitario, Atelier, Barcelona, 2004.
  • Ecoauditorías. intervención pública ambiental y autocontrol empresarial, Marcial Pons, 2000.
  • Participación cidadán e lexislación comunitaria ambiental, Escola Galega de Administración Pública, 1997.

Recoñecementos editar

En 2011, recibiu o Premio Lois Peña Novo, que valoran o compromiso social coa lingua galega.[6]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar