Alateo (ou Odoteo, denominado así por Claudiano; en latín: Alatheus/Odathaeus),[1] morto no 387, foi un xefe e caudillo godo. As súas orixes son incertas. Mentres García Moreno afirma que, probabelmente, era un membro da dinastía dos Amalos e que fora pai do rei Ataulfo (r. 410–415),[2] outros historiadores discrepan desta idea.

Alateo
Nacementoséculo IIIxuliano
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento387
Lugar de falecementoRío Danubio
EtniaGrutungos
Ocupaciónmonarca, chefe militar, soldado e político
FillosAtaúlfo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Alateo aparece citado por vez primeira no 376 na obra de Amiano Marcelino. Nese momento, trala morte de Vitimiro, o caudillo dos grutungos, loitando contra os hunos, quedou encargado como rexente xunto con Sáfrax, de protexer a Viderico, o fillo de Vitimiro.[3] Nesa época, segundo o relato, posuía un estatuto equivalente ao do dux romano. Despois de seren derrotados polos hunos, xunto con Sáfrax, comandou ao grupo dos grutungos que se negaron a seren dominados polos hunos até as beiras dos Dniester.[4]

No 376, os dous caudillos xunto a outro oficial gótico chamado Famobio, marcharon cara o Danubio,[5] cando os tervingos de Fritixerno acababan de cruza-lo río baixo o permiso imperial do emperador Valente (reinado 364-378),[6][7] pero a eles non se lles concedeu.

Guerra Gótica de 376–382 Editar

Dende ese momento, comandou varias incursións contra o Imperio Romano de Oriente entre 376 e 387. Así, no 377, aliados cos nobres tervingos Fritixerno e Alavivo, derrotaron un exército romano na batalla de Ad Salices (baixo Danubio). Pouco despois, participou xunto con Sáfrax, de novo aliados cos tervingos, na batalla de Adrianópole (378),[8] durante a cal comandou a maior parte da cabalería grutunga. O seu papel foi decisivo na destrución do flanco esquerdo da cabalería romana durante a batalla e o posterior cerco á infantería pesada dos xenerais Traxano e Víctor, que deu a vitoria ao bando bárbaro.

Trala batalla de Adrianópole, separáronse dos tervingos e saquearon varias cidades de Tracia e o norte de Grecia e partiron cara a Pannonia, que tamén foi saqueada.[9][10]

Asentamento en Panonia Editar

Finalmente, conseguiron negociar a paz co emperador occidental Graciano (reinado 367–383),[9][10] quen firmou un tratado polo que os seus grutungos poderían asentarse en Pannonia.[2] Alateo e Sáfrax permaneceran tranquillos durante un tempo mais polo 386, cando intentaban atravesar o Danubio para se internar no Imperio romano, foron derrotados polo xeneral romano Prómoto, ás ordes de Teodosio I o Grande. Trala derrota, asentouse na desembocadura do Danubio cos seus homes, ata que decidiu enfrontarse de novo a Prómoto en 387, sendo esta a súa última batalla, xa que morreu durante o combate coas tropas romanas.[1]

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 Smith 1867, p. 90
  2. 2,0 2,1 García Moreno 2007, p. 339
  3. Kulikowski 2007, p. 126
  4. Christensen 2002, p. 142
  5. Heather 2003, p. 46
  6. Frassetto 2003, p. 46
  7. Wolfram 1990, p. 72
  8. MacDowall 2001, p. 36
  9. 9,0 9,1 Martindale 1971, p. 802
  10. 10,0 10,1 Heather 2003, p. 50

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Christensen, Arne Søby (2002). Cassiodorus, Jordanes and the History of the Goths: Studies in a Migration Myth (en inglés). Copenhague: Museum Tusculanum Press. ISBN 9788772897103. 
  • Heather, Peter (2003). The Visigoths from the Migration Period to the Seventh Century: An Ethnographic Perspective (en inglés). Woodbridge, Suffolk: Boydell & Brewer Ltd. ISBN 1843830337. 
  • Heather, Peter (2018). Emperadores y bárbaros. (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-17067-78-6. 
  • Kulikowski, Michael (2007). Rome's Gothic Wars (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-84633-1. 
  • Smith, William, ed. (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Company. 
  • Wolfram, Herwig (1988). History of the Goths (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 9780520069831. 

Outros artigos Editar

Predecesor:
Vitimiro
Rei dos grutungos

Rexente xunto con Sáfrax
376 - ??

Sucesor: