Vitimiro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Vitimiro (tamén Withimer) era un membro da familia de Hermanarico e en 375 foi elixido rei dos ostrogodos (375-376) despois de que Hermanarico se suicidase.
Vitimiro | |
---|---|
Nacemento | século IIIxuliano |
Falecemento | 376 |
Ocupación | monarca |
Fillos | Viderico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Vitimiro foi elixido rei nun momento en que o pobo ostrogodo vivía nunha situación moi precaria e tivo que sufrir varias derrotas fronte aos hunos. En 376, os ostrogodos sufriron unha derrota terríbel, onde o propio Vitimiro morreu. Como o fillo de Vitimiro, Viderico, era aínda un neno, dous xenerais experimentados asumiron a rexencia ata que cumprise 21 anos: Alateo e Sáfrax. Tras esta derrota a mans dos hunos, os ostrogodos dirixidos por Sáfrax e Alateo dirixíronse xunto cos visigodos cara ao Dnister, e máis adiante en dirección ao Danubio e o Imperio Romano, mentres que outro grupo importante foi sometido polos hunos.