Agustín Díaz Blanco

xornalista e profesor galego

Agustín Díaz Blanco, nado en Silva (Pol) o 23 de setembro de 1945 e finado o 21 de marzo de 2008 en Santiago de Compostela, foi un xornalista e profesor galego.

Infotaula de personaAgustín Díaz Blanco
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1945 Editar o valor em Wikidata
Pol, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 2008 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación editar

Cuarto fillo dunha familia labrega, orientouse nun primeiro tempo cara a unha carreira eclesiástica. O seu padriño e párroco de Silva sufragou os seus estudos no Seminario. Estudou primeiro en Lugo e despois en Comillas Teoloxía e Filosofía. Renunciou a ordenarse sacerdote e proseguiu estudos de Socioloxía en Lovaina (Bélxica), onde se licenciou.

Regreso a Galiza editar

De volta en Galiza en 1971 iniciou a súa carreira como xornalista en La Voz de Galicia e despois en El Ideal Gallego, traballando na súa delegación de Santiago de Compostela até 1981. Simultaneou a súa actividade profesional cos estudos de xornalismo en Madrid, de filoloxía románica en Santiago de Compostela e co seu cargo como concelleiro en Santiago de Compostela -tras ser elixido polas listas de Unidade Galega nas primeiras eleccións democráticas de 1979-.

Do ensino ao xornalismo editar

En 1982 aprobou oposicións e foi nomeado profesor de francés no Instituto de Bacharelato de Monforte de Lemos, onde en realidade deu clases de galego. En 1983 aprobou a Cátedra de Galego e exerceu a docencia dous anos máis, esta vez no Instituto de Bacharelato de Ordes. En 1985 foi nomeado Inspector de Ensino Medio, pero aos poucos meses a súa paixón polo xornalismo levouno a concursar para un posto de redactor para a Delegación Territorial de Galicia de TVE, traballo que exerceu até a súa prexubilación en 2007.

Colaborou na revista galega de pensamento cristián Encrucillada até a súa morte.