Agnes Arber

botánica británica

Agnes Robertson Arber, nada en Londres o 23 de febreiro de 1879 e finada en Cambridge o 22 de marzo de 1960, foi unha botánica e historiadora da ciencia británica.

Agnes Arber
Photo of Agnes Arber 1911.png
Nome completoAgnes Robertson
Nacemento23 de febreiro de 1879 e 1879
Lugar de nacementoLondres
Falecemento22 de marzo de 1960 e 1960
Lugar de falecementoCambridge
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversity College de Londres, Newnham College e North London Collegiate School
Ocupaciónbióloga, botánica, tradutora, xenetista e historiadora
PaiHenry Robert Robertson
CónxuxeEdward Alexander Newell Arber
FillosMuriel Agnes Arber
IrmánsDonald Straun Robertson e Margaret Hills
Premiosmembro da Royal Society, Medalla linneana e Fellow of the Linnean Society of London
Na rede
WikiTree: Robertson-17826
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Agnes Arber naceu en Londres en 1879. Foi a primeira filla do artista Henry Robert Robertson e de Agnes Lucy Turner. Tivo tres irmáns máis novos: Donald Struan Robertson (1885-1961, que foi profesor emérito de grego en Cambridge), Janet Robertson, pintora retratista, e Margaret Robertson (de casada, Margaret Hills), destacada sufraxista e política local. O seu pai deulle clases de debuxo durante a infancia, coas que adquiriu as habilidades necesarias para ilustrar ela mesma as súas publicacións científicas.[1] Varios membros da familia materna, Agnes Lucy Turner, eran personalidades intelectuais como John Davidson (1797-1836) ou George Fownes (1815-1849), membros de Royal Society.

Agnes Robertson cursou os seus estudos na North London Collegiate School for Girls onde o ensino das ciencias tiña unha gran reputación e axiña se apaixonou pola botánica. Descubriu aos trece anos a pequena obra Plant Life de George Edward Massee (1850-1917) e ao mesmo tempo a obra de Goethe (1749-1832), que foi unha das grandes paixóns da súa vida.<[2] Durante a súa escolaridade, descubriu unha edición de 1578 de Lyte's Herbal, tradución ao inglés da obra de Rembert Dodoens (1517-1585) sutilmente ilustrado. Este descubrimento incitoulle a interesarse pola historia dos primeiros herbarios impresos e en 1912 publicou unha obra fundamental da historia das ciencias, Herbals, their origin and evolution.[3]

Grazas ao club científico da súa escola atopou a botánica Ethel Sargant (1816-1918). Esta especialista na anatomía dos embrións vexetais posuía un laboratorio privado no que convidou a moza Agnes a pasar as súas vacacións e onde lle ensinou microtécnicas empregadas para preparar espécimes de plantas para seren examinadas no microscopio.[3] En 1897 ingregou no University College de Londres. Seguiu en particular os cursos de Francis Wall Oliver (1864-1951) e de Arthur George Tansley (1871-1955). Obtivo o seu Bachelor of Science en 1899. Entón entrou no Newnham College de Cambridge onde recibiu clases de Albert Charles Seward (1863-1941), Harry Marshall Ward (1854-1906), Frederick Frost Blackman (1866-1947), Francis Darwin (1848-1925) e Edward Alexander Newell Arber (1870-1918). Un dos profesores que tivo maior influencia nela foi William Bateson (1861-1926) que contribuíu ao redescubrimento dos traballos de Gregor Mendel (1822-1884). Despois de traballar conxuntamente con Ethel Sargant e que publicase con ela un artigo sobre os xermes das herbas, entre 1903 e 1908 estudou no University College con F.W. Oliver. Interesouse entón polas ximnospermas actuais e fósiles.[1]

O 5 de agosto de 1909 casou co seu antigo profesor E.A.N. Arber, nove anos máis vello ca ela e docente de paleobotánica en Cambridge. Deste matrimonio naceu un fillo, Muriel, en xullo de 1912. O seu sogro foi o profesor Edward Arber (1836-1912), especialista en literatura inglesa antiga.

Despois da publicación do seu libro Herbals (1912), publicou numerosos artigos en Annals of Botany e en The Botanical Gaceta. En 1920, Arber publicou un libro sobre as plantas acuáticas,[4] Water plants: a study of aquatic angiosperms. Retomou un proxecto iniciado por Ethel Sargant,[3] un manual de botánica titulado The Monocotyledons[1] que apareceu en 1925 con 140 ilustracións feitas por ela. Na década de 1930 comezou unha serie de estudos sobre a estrutura floral.

Durante a segunda guerra mundial, consagrouse a estudos máis xerais como The Natural Philosophy of Planta Form (1950) e sobre todo The Mind and the Eye, a Study of the Biologist's Standpoint (1954). Agnes Arber diferenciaba entre a natureza da investigación biolóxica e como unha especialista observa o que estuda.

HonrasEditar

Foi designada membro da Sociedade Linneana de Londres (1908), participando no seu comité director de 1915 a 1919. Foi correspondente estranxeira da Botanical Society of America (1942) e membro da Royal Society (1946), sendo a terceira muller en recibir esa honra. Tamén recibiu a medalla linneana en 1948. Supervisou a publicación da obra botánica de Goethe en 1946 e de Nehemiah Grew (1641-1712).

AbreviaturasEditar

A abreviaturas A.Arber empréganse para ecoñecer a Agnes Arber como autoridade na descrición en taxonomía en botánica.[5]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Hanshaw Thomas, H. (1960) "Agnes Arber, 1879–1960 Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society Vol.6 (Nov 1960)
  2. Packer, K. (1997) Notes and records on the Royal Society of London Vol.51, No.1
  3. 3,0 3,1 3,2 Schmid 2001.
  4. Wylie, R.B (1922) 'Review: Biology of Aquatic Plants' Botanical Gazette, Vol.74, No.2
  5. International Plant Names Index

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar