Aeromonas hydrophila

Aeromonas hydrophila
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Aeromonadales
Familia: Aeromonadaceae
Xénero: Aeromonas
Especie: A. hydrophila
Nome binomial
Aeromonas hydrophila
(Chester, 1901)
Stanier, 1943
Sinonimia

Bacillus hydrophilus fuscus Sanarelli 1871
Bacillus hydrophilus Chester 1901
Proteus hydrophilus (Chester 1901) Bergey et al. 1923
Bacterium hydrophilum (Chester 1901) Weldin e Levine 1923
Pseudomonas hydrophila (Chester 1901) Breed et al. 1948

Aeromonas hydrophila é unha especie de bacteria con forma de bastón heterotrófica, gramnegativa, que se encontra principalmente en áreas de clima cálido. Esta bacteria pode encontrarse en augas doces e salobres. Pode sobevivir en ambientes aerobios e anaerobios, e pode dixerir materiais como xelatina e hemoglobina. A. hydrophila foi illada dos humanos e animais na década de 1950. É a especie mellor coñecida do xénero Aeromonas. Resiste aos antibióticos máis comúns e ás temperaturas frías e dá positivo nas probas da oxidase e do indol.

Colonias de Aeromonas hydrophila en ágar sangue.

Estrutura editar

As A. hydrophila son bacterias gramnegativas con forma de bastón recto con extremos arredondados (a forma está entre a de bacilo e cocobacilo), que xeralmente miden de 0,3 a 1,0 μm de largo e de 1,0 a 3,0 μm de longo. Non poden crecer a temperaturas de só 4 °C. Son bacterias móbiles porque teñen un flaxelo polar.

Patoloxía editar

Debido á súa estrutura, é unha bacteria moi tóxica para moitos organismos. Cando entra no corpo das súas vítimas viaxa polo torrente circulatorio ata o primeiro órgano dispoñible. Produce a enterotoxina citotóxica aerolisina, que pode causar danos nos tecidos. A. hydrophila, A. caviae e A. sobria son consideradas patóxenos oportunistas, o que significa que raramente infectan individuos sans. A. hydrophila é un importante patóxeno de peixes e anfibios,[1] e a súa patoxenidade para os humanos coñécese desde hai décadas.[2] The genomic insights of aeromonads could be a stepping stone into understanding of them[3]

Mecanismo patoxénico editar

A patoxenidade das especies de Aeromonas críase que estaba mediada por diversas proteínas extracelulares que producían, como a aerolisina, lipase, quitinase, amilase, xelatinase, hemolisinas e enterotoxinas. Porén, o mecanismo patoxénico aínda non se coñece. Un sistema de secreción de tipo III proposto recentemente (TTSS) foi ligado coa patoxénese de Aeromonas. O TTSS é unha maquinaria de secreción especializada de proteínas que exporta factores de virulencia directamente ás células hóspede. Estes factores subverten as funcións normais da célula hóspede en beneficio das bacterias invasoras. En contraste coa vía secretora xeral, a TTSS ponse a funcionar cando un patóxeno entra en contacto coas células hóspede. A toxina de ADP-ribosilación é unha das moléculas efectoras de varias bacterias patóxenas e é translocada a través do TTSS e levada ao citoplasma, o que leva á interrupción da vía NF-κB, causa danos citoesqueléticos e apoptose. Esta toxina foi caracterizada en A. hydrophila (illamentos en diarreas humanas), A. salmonicida (patóxeno de peixes) e A. jandaei GV17, unha cepa patóxena que pode causar enfermidades en humanos e peixes.

Vías de exposición editar

A bacteria encóntrase nas augas, solos e alimentos. As infeccións por A. hydrophila ocorren moi a miúdo durante os cambios sexuais, situacións estresantes, cambios de temperatura, en ambientes contaminados, e cando un organismo está xa infectado cun virus ou outra bacteria. Pode tamén ser inxerido través de produtos alimenticios contaminados coa bacteria, como alimentos mariños, carnes e incluso certos vexetais como as coles de Bruxelas. Pode tamén ser transmitida polas samesugas.[4]

En peixes e anfibios editar

A. hydrophila está asociada principalmente con enfermidades que se dan en peixes de auga doce e anfibios, porque estes organismos viven en ambientes acuáticos onde está presente a bacteria. Está ligada a unha enfermidade atopada nas ras chamada patas vermellas, que causa hemorraxias internas ás veces mortais. Cando un peixe está infectado por A. hydrophila, desenvolve úlceras, podremia das aletas e septiciemia hemorráxica. A septicemia hemorráxica causa lesións que orixinan o desprendemento das escamas, hemorraxias nas branquias e área anal, úlceras na pel e exoftalmia e inchamento abdominal.

Enfermidades humanas editar

A. hydrophila non é un patóxeno tan normal nos humanos como o é en peixes e anfibios. Unha das enfermidades que pode causar en humanos é a gastroenterite, que ocorre principalmente en nenos pequenos e persoas inmunocomprometidas ou con problemas de crecemento. Esta bacteria está ligada a dous tipos de gastroenterites. O primeiro tipo é unha doenza similar ao cólera, que causa diarrea de auga de arroz. O outro tipo é a gastroenterite disentérica, que causa a expulsión de feces mesturadas con sangue e mucus. A gastroenterite disentérica é a máis grave das dúas e pode prolongarse durante varias semanas. A. hydrophila éstá tamén asociada coa cellulite. Tamén causa outras doenzas como a mionecrose e o eccema en persoas con sistemas inmunitarios comprometidos ou suprimidos (por medicación).[5] En moi raros casos, A. hydrophila pode causar fascite necrotizante.[6]

Gromos editar

Aínda que A. hydrophila pode causar graves doenzas, non se informou ata agora de gromos infecciosos a grande escala pola súa causa. Si houbo gromos entre outros vertebrados. En Porto Rico estudouse a súa presenza no tracto intestinal de lagartos Anolis, no que se atoparon 116 cepas.[7] En 1988 ocorreu un pequeno gromo en California en humanos, con diversas hospitalizacións.[8]

Tratamentos editar

A. hydrophila pode ser eliminada usando solucións ao 1% de hipoclorito de sodio ou ao 2% de hipoclorito de calcio (lixivias)

Brage et al., 1990, recomenda a administración de fluoroquinolona como tratamento profiláctico durante a aplicación medicinal de samesugas.[9]

Antibióticos como cloranfenicol, florfenicol, tetraciclina, sulfonamida, derivados do nitrofurano e ácidos piridinocarboxílicos utilízanse para eliminar e controlar as infeccións por A. hydrophila.

A terramicina engádese a alimentos de peixes durante as operacións nas piscifactorías como outro axente quimioterapéutico para a prevención de A. hydrophila.

Notas editar

  1. "Prevalence and distribution of Aeromonas hydrophila in the United States". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2009. Consultado o 13 de abril de 2019. 
  2. "Clinical and microbiological features of Aeromonas hydrophila-associated diarrhea". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 13 de abril de 2019. 
  3. Tan, Wen-Si; Yin, Wai-Fong; Chan, Kok-Gan (2 Jan 2015). "Insights into the Quorum-Sensing Activity in Aeromonas hydrophila Strain M013 as Revealed by Whole-Genome Sequencing". Genome Announcements 3 (1): 1–2. PMC 4293626. doi:10.1128/genomeA.01372-14. 
  4. Snower, DP; Ruef, C; Kuritza, AP; Edberg, SC (1989). "Aeromonas hydrophila infection associated with the use of medicinal leeches". J. Clin. Microbiol. 27: 1421–2. PMC 267578. PMID 2666448. 
  5. Evolving concepts regarding the genus Aeromonas: an expanding panorama of species, disease presentations, and unanswered questions
  6. Necrotizing fasciitis caused by Aeromonas hydrophila
  7. Fulton, MacDonald. "The Bacterium Aeromonas hydrophila from Lizards of the genus Anolis in Puerto Rico". Arquivado 31 de outubro de 2004 en Wayback Machine. Louisiana State University Medical Center, New Orleans.
  8. Gail E. King et al. Epidemiology of Aeromonas Infections in California Article in Clinical Infectious Diseases 15(3):449-52 · October 199e. DOI: 10.1093/clind/15.3.449. [1]
  9. Braga A, Lineaweaver WC, Whitney TM, Follansbee S, Buncke HJ. Sensitivities of aerononas hydrophila cultured from medicinal leeches to oral antibiotics. J Reconstr Microsurg. 1990; 6(2):135-137

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar