Abrir o menú principal

Aeromonas é un xénero de bacterias gramnegativas anaerobias facultativas con forma de bacilo, que lembra morfoloxicamente a membros da familia Enterobacteriaceae. Describíronse 14 especies de Aeromonas, a maioría das cales foron asociadas con enfermidades humanas. Os patóxenos máis importantes son A. hydrophila, A. caviae, e A. veronii biovar sobria. Tamén producen enfermidades en peixes e outros animais. Estes organismos son ubicuos en augas doces e salobres.

As Aeromonas agrúpanse coa clase gamma das proteobacterias.[1] Antes clasificábase na familia Vibrionaceae, pero os estudos xenéticos recentes fixeron que se crease para elas a familia Aeromonadaceae.[2][3]

As dúas principais enfermidades asociadas con Aeromonas son a gastroenterite e infeccións en feridas, con ou sen bacteremia. A gastroenterite ocorre normalmente en individuos sans despois da inxestión de auga ou alimentos contaminados, mentres que as infeccións en feridas están causadas pola exposición a auga contaminada. As Aeromonas poden causar enfermidades sistémicas oportunistas en pacientes inmunocomprometidos.

Aínda que se identificaron algúns factores de virulencia potenciais, como endotoxinas, hemolisinas, enterotoxinas, factores de adherencia, o seu papel preciso nas doenzas non se coñece.

CaracterísticasEditar

Son bacilos gramnegativos pequenos de 0,3-1,0 x 1,0-3,5 μm, anaerobios facultativos, xeralmente con flaxelación polar (menos A. salmonicida e A. media), dan positivo nas probas da oxidase e catalase, que reducen o nitrato a nitrito e fermentan a D-glicosa como fonte principal de carbono e enerxía. Poden crecer en medios que conteñen o 3% de NaCl, pero non no 6%. Producen exoencimas como: proteases, DNases, RNases, elastases, lecitinases, amilases, xelatinases e lipases, algunhas consideradas factores de virulencia.[4] A maioría son mesófilas (óptimo 28 °C), pero hai algunhas psicrófilas (22-25 °C).[2]

GastroenteriteEditar

A enfermidade gastrointestinal por Aeromonas en nenos é xeralmente aguda e máis grave, mentres que en adultos tende a ser unha diarrea crónica. A gastroenterite grave por Aeromonas lembra á shigellose, e preséntase con sangue e leucocitos nas feces. A enfermidade diarreica aguda é autolimitada, e só están indicados coidados de mantemento nos pacientes afectados.[5]

Terapia antimicrobianaEditar

As especies de Aeromonas son resistentes ás penicilinas, á maioría das cefalosporinas, e á eritromicina. A ciprofloxacina é activa contra as cepas de Aeromonas en Europa e Norteamérica, pero informouse de resistencias en Asia.

EtimoloxíaEditar

O nome Aeromonas deriva do grego aer, aeros (ἀήρ, ἀέρος) e de -monas|monas (μονάς / μονάδα) e significa mónada (produtora) de gas.[6] O nome común que se usa para elas é xeralmente aeromónadas.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Martinez-Murcia AJ, Benlloch S, Collins MD (July 1992). "Phylogenetic interrelationships of members of the genera Aeromonas and Plesiomonas as determined by 16S ribosomal DNA sequencing: lack of congruence with results of DNA-DNA hybridizations". Int. J. Syst. Bacteriol. 42 (3): 412–21. PMID 1380289. doi:10.1099/00207713-42-3-412. 
  2. 2,0 2,1 Graciella Castro-Escarpulli, Ma. Guadalupe Aguilera-Arreola, Silvia Giono Cerezo, César Hugo Hernández-Rodríguez, Matilde Rodríguez Chacón, Lara Soler Fañgás, Gerardo Aparicio Ozores, María José Figueras Salvat. El género Aeromonas. ¿Un patógeno importante en México? Microbiología clínica. Enf. Infec. y Micro. 2002: 22(4): 206-216. [1]
  3. Janda, J. M.; Abbott, S. L. (2010). "The Genus Aeromonas: Taxonomy, Pathogenicity, and Infection". Clinical Microbiology Reviews 23 (1): 35–73. doi:10.1128/CMR.00039-09. PMC 2806660. PMID 20065325.
  4. Altwegg M. Aeromonas and Plesiomonas, in: Murray PR, Baron EJ, Pfaller MA, Tenover FC, eds. Manual of Clinical Microbiology. Washington: ASM press. 1999:507-16.
  5. J. Gómez Campdera, P. Muñoz, F. López Prieto, R. Rodríguez Fernández, M. Robles, M. Rodríguez Creixems, E. Bouza Santiago. Servivio de Pediatría do Hospital Gregorio Marañ´çon (Madrid). Gastroenteritis por Aeromonas en Pediatría [2]
  6. Entrada para Aeromonas na LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590–2. doi:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar