Adriaan Fokker
Adriaan Daniël Fokker, nado na vila de Buitenzorg, nas Indias Orientais Neerlandesas, o 17 de agosto de 1887 e finado en Beekbergen, na provincia neerlandesa de Güeldres, o 24 de setembro de 1972, foi un físico e músico dos Países Baixos.[1]
Adriaan Daniël Fokker | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 17 de agosto de 1887 |
Lugar | ![]() ![]() ![]() |
Falecemento | 24 de setembro de 1972 |
Lugar | ![]() ![]() ![]() |
Residencia | Países Baixos |
Nacionalidade | Neerlandesa |
Fillos | A. D. Fokker |
Actividade | |
Campo | Física e Musicoloxía |
Alma máter | Universidade de Leiden Universidade de Tecnoloxía de Delft |
Director de tese | Hendrik Lorentz |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Ecuación de Fokker-Planck |
Premios | Zilveren Anjer |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
No eido da Física editar
Fokker naceu nun territorio daquela de soberanía neerlandesa, aínda que hoxe recibe o nome de Bogor e pertence a Indonesia.
Era curmán do enxeñeiro aeronáutico Anthony Fokker, fundador da compañía Fokker de aviación. Estudou Enxeñaría de Minas na Universidade de Tecnoloxía de Delft e popsteriormente Física na Universidade de Leiden, co físico neerlandés gañador dun premio Nobel Hendrik Lorentz, onde acadou seu doutoramento en 1913. Na súa tese, dese mesmo ano, derivou o que a partir de entón se pasou a chamar "ecuación de Fokker-Planck", xuntamente con Max Planck.
Logo do seu período de formación universitaria, continuou as súas investigacións con Albert Einstein, Ernest Rutherford e William Bragg.[2]
Fokker fixo diversas contribucións á relatividade especial e algunhas outras menos coñecidas á relatividade xeral, especialmente para a "precesión xeodésica", o fenómeno de precesión dun xiroscopio de caída libre nun campo gravitatorio.[3]
No eido da Musicoloxía editar
Na súa faceta de compositor musical e musicólogo, Fokker deseñou e mesmo construíu unha serie de instrumentos de teclado capaces de reproducir escalas microtonais a través dun teclado xeneralizado. O máis coñecido destes instrumentos é un órgano de 31 intervalos iguais ben temperado, coñecido comunmente como órgano Fokker, que foi instalado inicialmente no Museo Teyler de Haarlem in 1951 e posteriormente trasladado á sala de concertos Muziekgebouw aan 't IJ de Ámsterdam, onde se utiliza con regularidade para interpretacións abertas ao públcio.[4]
Notas editar
- ↑ "Adriaan Daniël Fokker Arquivado 09 de marzo de 2018 en Wayback Machine.". En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)
- ↑ "Fokker, Adriaan Daniël (1887-1972)". En Biografisch Woordenboek van Nederland:1880-2000 (en neerlandés)
- ↑ Eisenstaedt, Jean; Kox, Anne J. Studies in the History of General Relativity. Boston. Birkhäuser, 1988. Páxina 42 [ISBN 978-0-8176-3479-7] (en inglés)
- ↑ "Fokker Organ. History". En En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Transcrición dunha entrevista a Adriaan Fokker por John L. Helibron en Beekbergen, o 1 de abril de 1963 (en inglés)
- "The Fokker organ Arquivado 12 de setembro de 2015 en Wayback Machine.". En Bibliolore. The Rilm Blog (en inglés)
- Vídeo dunha interpretación co órgano de Fokker