Adolfo Rodríguez Ansias
Adolfo Rodríguez Ansias, nado en San Cibrao das Viñas, foi un mestre e político galego.
Adolfo Rodríguez Ansias | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
San Cibrao das Viñas | |
Falecemento | valor descoñecido |
valor descoñecido | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Mestre en Bóveda de Amoeiro. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e administrador da súa revista Escuela del Trabajo. De ideoloxía radical-socialista, era coñecido polo seu activismo anticlerical. Foi detido o 28 de outubro de 1934 acusado de inxurias ao réxime, pero a causa foi sobresida e puxéronlle unha multa de 2.000 pesetas.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido, pero eludiu a súa detención manténdose agochado durante 28 anos nun zulo construído na vivenda dos seus tíos en Ourense. Foi reposto como mestre en Ferreira de Pantón. En 1965 foi mestre en Requiás (Muíños) e ao ano seguinte trasladouse a Marce (Pantón).[2]
NotasEditar
- ↑ Hace 75 años... Multados por una comida en honor a un detenido
- ↑ La Voz de Galicia, 24-7-1966, p. 3.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Fernández Mazas, Armando (1990). Política y Pedagogía. Memoria teórica de un maestro de la ATEO. Ourense.