Marce, Vilar de Ortelle, Pantón
Marce é unha das 20 aldeas da parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos. Marce é unha vila que participa da ribeira e da montaña, noutros tempos era máis grande ca moitas parroquias. Hoxe quedan quince fogares, e chegou a ter cincocentos habitantes polos anos vinte.
Marce | |
---|---|
Marce | |
Parroquia | Vilar de Ortelle |
Concello | Pantón |
Coordenadas | 42°31′12″N 7°42′18″O / 42.51999444, -7.70489167 |
Poboación | 21 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Segundo o INE en 2007 tiña 28 habitantes (32 no 2006, 34 no 2005, 34 no 2004, 35 no 2003).
Patrimonio
editar- O Castro de Marce. Chamado tamén Castelo de Marce, sitúase nunha elevada montaña a 1 km da aldea de Marce, no alto do río Miño.
- A Torre de Marce. Esta torre foi unha casa de liñaxe e de importancia no século XV.
- A Torre do Reloxo.[1] Torre con reloxo de campá, construída no ano 1950 pola Asociación de veciños de Marce en Buenos Aires, sitúase a cen metros da Torre de Marce.
A zona ten un importante patrimonio natural, fragas, camiños ou socalcos escalonados. Hai camiños de sendeirismo sinalizados e poden verse interesantes paisaxes e lugares de interese como a fervenza de Augacaída de 40 metros. Tamén hai unhas boas vistas sobre o río Miño e a ribeira.
Galería de imaxes
editar-
Torre do Reloxo.
-
Torre do Reloxo, detalle.
-
Capela de San Martiño.
-
Fonte fronte á Casa da Vila.
-
Sobreira en Marce
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilar de Ortelle
editarLugares da parroquia de Vilar de Ortelle no concello de Pantón (Lugo) | |
---|---|
Areas | O Batán | A Casanova | Eirexe | A Lagariza | Marce | A Míllara | A Morá | Outeiro | Rachelo | Ramos | Rubiás | San Romao | Valboa | Vilar |
Parroquias de Pantón
editarNotas
editar- ↑ Torre do Reloxo de Marce na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Asociación Xuvenil Os Estraloxos (2001). Lendas e tradicións da Ribeira Sacra : Vilar de Ortelle, Pantón. Pantón: Deputación de Lugo. ISBN 84-8064-108-8.
- Castro López, Ramón (1929). Reseña histórico descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca. Pantón: Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-174-2.
Outros artigos
editar- Xacio: Os xacios son seres mitolóxicos propios das pozas de Chouzán, de Curbaceira, de Parleira, Marce...