Ignacio Herrero Fuentes

mestre e político galego

Ignacio Herrero Fuentes, nado en Pedrafita do Cebreiro o 6 de abril de 1909 e finado en San Carlos-Cojedes (Venezuela) en 2001, foi un mestre e político galego.

Ignacio Herrero Fuentes
Nacemento6 de abril de 1909
Lugar de nacementoPedrafita do Cebreiro
Falecemento2001
Lugar de falecementoSan Carlos
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi elixido secretario-bibliotecario da Juventud Esperantista de Ourense en 1928.[1] Foi mestre en Pedrafita (A Teixeira) en 1930,[2] e na escola de Tamallancos dende 1931.[3] Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e colaborou en Escuela del Trabajo. Presentou o relatorio "El problema lingüístico de la escuela gallea" no Congreso Regional de Trabajadores de la Enseñanza de Galicia celebrado en abril de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pero logrou fuxir da cadea. Exiliouse en Cuba e despois pasou a Panamá onde foi profesor na Universidade de Panamá. Publicou artigos filolóxicos na revista Universidad e dirixiu un boletín político. Trasladouse despois a Venezuela onde foi director do Colexio estatal Cojedes. Foi autor do estudo preliminar de La versificación hispanoamericana pre-modernista. Héctor Pedreáñez Trejo. Publicou baixo o pseudónimo de Dr. Iñigo sobre a erudición dos debates intelectuais entre Risco e Couceiro Freijomil.

Obras editar

  • Cojedes y San Carlos en su tricentenario. Estudio original e inédito, 1978.

Notas editar

  1. La Región, 8-12-1928, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 14-1-1930, p. 11.
  3. La Región, 3-1-1931, p. 1.
  4. El Pueblo Gallego, 26-4-1936, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar