Adenosín monofosfato
O adenosín monofosfato (AMP), tamén chamado monofosfato de adenosina ou ácido 5'-adenílico, é un nucleótido que se encontra no ARN (no ADN encóntrase a desoxiAMP). É un éster do ácido fosfórico e o nucleósido adenosina. Consta de tres moléculas unidas: un grupo fosfato, o azucre ribosa, e a base nitroxenada adenina. A súa fórmula é C10H14N5O7P. Cando funciona como un substituínte denomínase co prefixo adenilil.[1]
Adenosín monofosfato | |
---|---|
ácido 5'-adenílico | |
Identificadores | |
Número CAS | 61-19-8 |
ChemSpider | 5858 |
UNII | 415SHH325A |
DrugBank | DB00131 |
KEGG | C00020 |
MeSH | Adenosine+monophosphate |
ChEBI | CHEBI:16027 |
ChEMBL | CHEMBL752 |
Ligando IUPHAR | 2455 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H14N5O7P |
Masa molecular | 347,22 g/mol |
Aspecto | po cristalino branco |
Densidade | 2,32 g/mL |
Punto de fusión | 178-185 °C |
Punto de ebulición | 798,5 °C |
Acidez (pKa) | 0,9, 3,8, 6,1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Produción e degradación
editarO AMP pode orixinarse durante a síntese do ATP pola acción do encima adenilato quinase que combina dúas moléculas de ADP do seguinte modo:
- 2 ADP → ATP + AMP
Ou tamén se pode orixinar pola hidrólise dun dos enlaces fosfato de alta enerxía do ADP, rendendo fosfato inorgánico (Pi):
- ADP → AMP + Pi
Por último, o AMP pode formarse pola hidrólise do ATP na que se forma pirofosfato (PPi):
- ATP → AMP + PPi
Cando se degrada o ARN nas células libéranse moitos nucleósidos monofosfato, entre eles o AMP.
O AMP pode ser rexenerado a ATP da seguinte maneira:
- AMP + ATP → 2 ADP (catalizada pola adenilato quinase funcionando na dirección inversa)
- ADP + Pi → ATP (este paso lévao normalmente a cabo nos organismos aerobios a ATP sintase durante a fosforilación oxidativa).
O AMP pode converterse en inosina monofosfato pola acción do encima mioadenilato desaminase, que libera unha molécula de amoníaco.
No catabolismo o AMP pode converterse en ácido úrico, que se excreta fóra do corpo.
O AMP cíclico (AMPc)
editarO AMP pode existir tamén en forma dunha estrutura cíclica chamada adenosín monofosfato cíclico (ou AMPc). O AMPc fabrícase en certas células polo encima adenilato ciclase a partir do ATP, e normalmente esta reacción está regulada por hormonas como a adrenalina ou o glicagón. O AMPc xoga un importante papel na regulación da sinalización intracelular, funcionando como segundo mensaxeiro de hormonas.
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ Thieme Chemistry (Hrsg.): Römpp Online. Version 3.1. Georg Thieme Verlag, Stuttgart 2007.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ming D, Ninomiya Y, Margolskee RF (1999). "Blocking taste receptor activation of gustducin inhibits gustatory responses to bitter compounds". Proc Natl Acad Sci 96 (17): 9903–9908. PMC 22308. PMID 10449792. doi:10.1073/pnas.96.17.9903.