Reñosa

peixe da Península Ibérica
(Redirección desde «Achondrostoma arcasii»)

A reñosa ou vermelliña (Achondrostoma arcasii) é unha especie da familia de peixes ciprínidos, que vive en ríos e lagos da Península Ibérica.

Reñosa
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Ostariophysi
Orde: Cypriniformes
Suborde: Cyprinoidea
Familia: Cyprinidae
Subfamilia: Leuciscinae
Xénero: Achondrostoma
Especie: A. arcasii
(Steindachner, 1866)
     Distribución de A. arcasii.[2]
     Distribución de A. arcasii.[2]

     Distribución de A. arcasii.[2]
Sinonimia
  • Leucos arcasii (Steindachner, 1866)
  • Chondrostoma arcasii (Steindachner, 1866)
  • Rutilus arcasii (Steindachner, 1866)

Características

editar
 
Vermelliña do Río Douro.

É unha especie de pequeno tamaño, cunha lonxitude máxima de 10 cm e un peso de 40 g, de cabeza pequena, boca subterminal coa aleta dorsal de perfil convexo, coa súa orixe situada na vertical da inserción das aletas ventrais, liña lateral moi marcada e coloración escura no dorso e encarnada na base das aletas pares.

O número de escamas no lateral oscila entre 36 e 48, presenta 7 espiñas radiais nas aletas dorsal e anal e entre 4 e 6 dentes farínxeos.

Reprodúcense entre os meses de maio e xuño, con fecundación externa, depositando os ovos sobre o substrato.

Hábitat

editar

Vive en lagos e ríos de montaña, formando unha asociación característica coa especie Salmo trutta. Vive nos cursos baixos dos ríos, con leitos lamacentos e vexetación acuática palúdica, como nos afluentes do esteiro do río Miño. Tamén é a única especie autóctona que habita en lagos endorreicos, como a lagoa de Gallocanta. É unha especie endémica da Península Ibérica.

Alimentación

editar

A súa alimentación é oportunista, baseada principalmente en invertebrados acuáticos, aínda que nalgúns ríos a súa alimentación ten un forte compoñente detritívoro, consumindo tamén algunhas plantas. Esta alimentación oportunista pode ter un valor adaptativo particular en ríos mediterráneos de marcada estacionalidade.

  1. Crivelli, A. J. (2006). "Achondrostoma arcasii". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 24 de agosto de 2015. 
  2. "Chondrostoma arcasii (Steindachner, 1866). Bermejuela" (PDF). Atlas y Libro Rojo de los peces continentales de España (en castelán). Ministerio de Medio Ambiente. pp. 167–169. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar