Ostariofisos
(Redirección desde «Ostariophysi»)
Os ostariofisos (Ostariophysi) son unha superorde de peixes teleósteos. Comprende un bo número de peixes de auga doce.
Características
editarCaracterízanse por presentar o aparato de Weber. Adoitan ter a vexiga natatoria diferenciada nunha rexión cefálica e outra caudal.
O aparato de Weber é unha cadea de pequenos ósos (as 4-5 vértebras anteriores modificadas), que conectan a vexiga natatoria co oído interno. Actúa a modo de caixa de resonancia e amplifica as vibracións e transmíteas ó oído interno, así como as variacións de presión. Déuselle este nome en honor do anatomista e fisiólogo alemán Ernst Heinrich Weber (1795–1878).
Clasificación
editarDivídense en cinco ordes:
- Orde Gonorynchiformes
- Orde Cypriniformes
- Orde Characiformes
- Orde Gymnotiformes
- Orde Siluriformes
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Ostariofisos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ostariofisos |