Ximnotiformes

(Redirección desde «Gymnotiformes»)

Os Ximnotiformes (Gymnotiformes) son unha orde de peixes teleósteos, dentro da superorde Ostariofisos (Ostariophysi). Comprende especies de río distribuídos por zonas tropicais húmidas desde Guatemala ata o norte da Arxentina, entre os que se inclúen os peixes eléctricos de Suramérica e os chamados peixes coitelo.

Anguía eléctrica (Electrophorus electricus)

Características editar

Son peixes de hábitos nocturnos que se caracterizan por posuír órganos capaces de xerar un campo eléctrico. Quizais a especie máis coñecida sexa a anguía eléctrica (Electrophorus electricus), que pode emitir poderosas descargas elécticas de ata 600 voltios para cazar e defenderse. Ademais destas descargas fortes e puntuais, todos xeran de forma continua un campo de menos de 1 voltio que lles serve para a navegación e a comunicación. En cada especie este campo é distinto e característico. Os órganos eléctricos derivan evolutivamente de células musculares, de ben nos Apteronotidae derivan de células nerviosas.

O corpo é de forma de coitelo ou cilíndrico, máis ou menos comprimido. Perderon as aletas pélvicas e a dorsal, pero a aleta anal é extremadamente longa e ondulada, para permitir movementos tanto cara a adiante como cara a atrás. A aleta caudal pode estar ausente ou ser moi reducida.

Clasificación editar

Divídense en dúas subordes e seis familias, que agrupan unhas 150 especies coñecidas:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar