Lagoa de Gallocanta

A cunca da lagoa de Gallocanta está no centro do Sistema Ibérico, na provincia de Teruel, en Aragón España. É unha cunca endorreica que está pechada polas serras de Santa Cruz e Pardos polo Norte, a Serra Menera polo Sur e a Serra do Calderero polo Leste. Encóntrase a 1.000 m de altitude, ten 7,7 km de lonxitude e 2,8 km de anchura; a súa profundidade máxima pode atinxir 1,5 m, aínda que non sempre ten auga, pois sofre períodos chuviosos e secas.

Lagoa de Gallocanta, Teruel.

Na zona atópanse outras lagoas de menor tamaño como as de Guialguerrero, La Zaida, a Lagunilla (Navajo del Prado de la Torre) e outras de menor entidade aínda. O conxunto forma unha etapa importante no paso de aves migratorias.

A lagoa está declarada como refuxio de fauna silvestre, zona de especial protección para aves (ZEPA) e figura na lista de Zonas Húmidas de Importancia Internacional, constituíndo un dos Sitios Ramsar en España.

As localidades que arrodean a lagoa son: Gallocanta, Berrueco, Tornos, Bello e máis Cuerlas.