Abrente. Boletín de la Anunciada
Abrente foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1927 e 1941.
Abrente. Boletín de la Anunciada | |
---|---|
Fundación | 1927 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarPrimeira época
editarSubtitulado Boletín de la Congregación de la Anunciada y San Luis Gonzaga, apareceu en decembro de 1927 como publicación da Congregación de la Anunciada y San Luis Gonzaga de Santiago de Compostela.[1] De carácter mensual, era unha publicación relixiosa practicamente escrita en castelán. Entre os seus colaboradores figuraban Carlos Ruíz del Castillo, Xosé de San Lois, Xosemaría Pérez Parallé, Carlos Núñez Cea, Luis Jouve, Manuel López Sendón e Tirso Virgós Pintos.[2]
Segunda época
editarVolveu aparecer en novembro de 1933 co subtítulo Boletín de la Anunciada. Estaba dirixido por Ramón F. Fernández-Mosquera.[3] Tiña unha sección de humor e incluíu contos e artigos de Ramiro de Maeztu, Isidro Conde, Fermín Bouza-Brey, Antonio Asorey, Luís Facal e Gabriel Méndez.
Terceira época
editarReapareceu en 1941 dirixido por José Lois Estévez. Entre os seus colaboradores figuraron Paulino Pedret Casado, Camilo Barcia Trelles, Jacobo Varela Meemit, Fernández Almuzara, Gonzalo de la Mora, Gonzalo Torrente Ballester e Benito Varela Jácome. Cesou a súa publicación en 1941
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "ABRENTE". Gran Enciclopedia Gallega 1. Silverio Cañada. 1974. p. 75. ISBN 84-7286-030-2.
- "Abrente". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 17. ISBN 84-8288-137-X.