Ramón Fernández Fernández-Mosquera

maxistrado, xornalista e escritor galego

Ramón Fernández Fernández-Mosquera, coñecido como Ramón F. Fernández, nado en Caldas de Reis o 18 de abril de 1912 e finado na Coruña o 25 de decembro de 1977,[1] foi un maxistrado, xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaRamón Fernández Fernández-Mosquera
Biografía
Nacemento18 de abril de 1912 Editar o valor en Wikidata
Caldas de Reis, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de decembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz, xornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5680066

Traxectoria

editar

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1933. Dirixiu Scientia, órgano da Federación Gallega de Estudiantes Católicos en 1930 e a segunda época da revista Abrente entre 1933 e 1934 e foi correspondente e colaborador de varios xornais. Ingresou na maxistratura en 1944 e foi xuíz de primeira instancia de Padrón, maxistrado de Palencia, Palma e Santiago de Compostela e maxistrado da Audiencia Territorial de Cáceres e despois da da Coruña.[2] Escribiu as novelas Roble al viento (1934), El hombre que escapó de un tapiz (1949), Tres personajes y al final el autor (1949) e Ifigenia se cayó en el agua; tamén é autor do ensaio Análisis de la mujer marginada e inadaptada (1976). Colaborou en ABC, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Nordés.

  • Roble al viento, 1934.
  • El hombre que escapó de un tapiz, 1949.
  • Tres personajes y al final el autor, 1949.

En 2016 editouse a súa Obra literaria completa en dous volumes.

Vida persoal

editar

Casou con Teresa Otero Soto e foi pai de Ramón, Juan, Miguel e Alejandrina Fernández Otero.

  1. La Voz de Galicia, 27-12-1977, p. 18.
  2. A Peroxa

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar