Abelendo, Xuño, Porto do Son
Coordenadas: 42°37′44″N 9°00′10″O / 42.6289545, -9.0026784
Abelendo é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 7 habitantes (6 homes e 1 muller).
Abelendo | |
---|---|
Parroquia | Xuño |
Concello | Porto do Son |
Coordenadas | 42°37′44″N 9°00′10″O / 42.6289545, -9.0026784 |
Poboación | 7 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situado na estrada local que conduce dende a AC-550 ata a ladeira dos montes do Barbanza. Atópase despois da aldea do Castelo, e serve de lindes da parroquia de Xuño e malia de Oleiros (Ribeira).
O fitónimo Abelendo fai referencia á abundancia de abeleiras.
Nunha casa dun veciño de Abelendo foron rodadas escenas da película de Alejandro Amenábar Mar adentro, baseada na tráxica historia do tetrapléxico Ramón Sampedro, nado no lugar veciño de Sieira e habitante destas terras.
Lugares e parroquias Editar
Lugares de Xuño Editar
Lugares da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son | |
---|---|
Abelendo | A Agra | A Aradiza | Bistipoi | O Campanario | O Carballal | Carballido | O Carrapatal | O Castelo | As Cernadas | A Coviña | O Cruceiro | O Curro | O Foxo | Guiandón | Laranga | As Laxes | Moucho | Outón | Parada | Pedras Altas | Pocilgas | Pozo Negro | Pozocho | Prado do Monte | Santa Mariña | Sieira | As Trabes | Trasdoanes | Ventoso | O Zapatal |