A Terriña foi un semanario editado na Habana entre 1908 e 1909.

A Terriña
PaísCuba
LugarA Habana
Lingualingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado De información, recreo, ciencia e instrución, apareceu en outubro de 1908. Estaba dirixido por Luís E. Rey, Jesús Díaz era o xefe de redacción e entre os seus colaboradores figuraron Abdón Rodríguez Santos, Pascual Aenlle, Roque de Barcia, Jesús Muruais e Dámaso Pérez Valenzuela. Informaba das noticias de Galicia e das actividades das sociedades de instrución. Tamén abordou cuestións forais, combateu o caciquismo, e daba novas sobre teatro, música e efemérides. Publicou varios fragmentos do Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal e poemas de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela e Juan Barcia Caballero. Cesou a súa publicación en 1909 co número 39.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar