Pascual Aenlle
Pascual Aenlle Aguiar, nado en Trabada e finado en Madrid en setembro de 1925, foi un avogado e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Trabada, España |
Morte | setembro de 1925 Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Emigrou coa familia aos Estados Unidos de América. Despois pasou a Cuba. Notario público e oficial do Centro Gallego, do que foi secretario e vicepresidente executivo. Foi fundador de Unión Rinlega, presidente de honra de Hijos de Trabada e vicepresidente de Hijos de Lorenzana en Cuba. En 1905 fundou e dirixiu Juventud Gallega. Tamén dirixiu durante unha tempada a revista Follas Novas e colaborou en A Terriña. Ideou e participou na comisión de homenaxe a Pascual Veiga que organizou a estrea do Himno Galego na Habana en 1907. Foi presidente de Centro Gallego de La Habana. En 1925 veu a España para repoñerse dunha enfermidade, pasou un tempo no Balneario de Mondariz,[1] e logo marchou a Madrid onde finou en setembro de 1925.[2][3]
Vida persoal editar
Casou con María Isabel de Vega Flores en 1916,[4] e foi pai de Carmen Luisa e Marieta Aenlle Vega.