Luís E. Rey

practicante, xornalista e escritor galego

Luís E. Rey, nado na Coruña en 1883, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaLuís E. Rey
Biografía
Nacemento1883 Editar o valor em Wikidata (140/141 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou sendo novo á Habana. Pedicuro, rexía un salón quiropédico. En 1908 fundou a revista A Terriña, en 1917 Alma Gallega e en 1921 El Gurugu, periódico antimonárquico que foi clausurado polas autoridades. Foi Vocal da Federación Anticlerical Cubana. En 1920 presidiu a Agrupación Artística Gallega. Colaborou en El Imparcial, La Panera, La Alborada e La Patria Gallega usando ás veces os pseudónimos Dr. Yer e Quis A. Tanar. A súa novela Suevia foi adaptada ao teatro e representada en 1923. Durante a República retornou a Galicia. Como consecuencia do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 tivo que exiliarse en Cuba e retomou o seu traballo coa colonia galega formando parte da Agrupación Artística Gallega.

Obras editar

  • Suevia o Un puñado de verdades sobre la emigración femenina. Novela gallega circunstancial, 1920.

Vida persoal editar

Casou con Laura Carballal Estévez.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar