La Patria Gallega (A Habana)
La Patria Gallega foi unha revista editada na Habana entre 1912 e 1913.
La Patria Gallega | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulada Revista Semanal Ilustrada: Órgano de los Intereses Gallegos en La Habana, apareceu a comezos de 1912. Estaba dirixida por José Bargueiras e o administrador era Manuel Rodríguez. Ofreceu información de carácter xeral sobre acontecementos relacionados con Galicia e coas actividades do Centro Galego e o seu centro de saúde La Benéfica. Tamén había noticias chegadas de Galicia e do labor das asociacións de emigrantes. Entre os seus colaboradores figuraban Manuel Gómez Cordido, Manuel Carrillo Cortizas, Nicolás R. López e Ramón Castiñeira (outros aparecían cos pseudónimos de Jotabé, Teodoble, P. Tardo e Un fraile). En galego publicou relatos de Asieumedre (Manuel Lugrís Freire) e poemas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Salvador Golpe, Xan Labrada, Manuel Carrillo, E. Lumia e Juan Barcia Caballero. O último número coñecido é o 82, que apareceu o 27 de xullo de 1913.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 21 de abril de 2018.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.