AP-1

autoestrada de Burgos a Éibar (libre de peaxe: Burgos-Armiñón e con peaxe: Vitoria-Éibar)

A Autoestrada do Norte ou AP-1 é unha autoestrada española que ten o seu inicio en Castañares, nas proximidades de Burgos e termina como autoestrada única en Éibar (Guipúscoa), pasando por toda a comarca de Debagoiena. A partir de alí únese coa AP-8 e continúa, en dirección leste cara a Irún e fronteira con Francia e en dirección oeste cara a Bilbao e Cantabria.

AP-1
Autovía do Norte
TipoloxíaAutoestrada
RedeRede de estradas do Estado
Rede de estradas de Álava
Rede de estradas de Guipúscoa
Ruta europea
Lonxitude175 km
Localización
InicioCastañares, Burgos
FinÉibar (Guipúscoa)

Historia editar

 
A AP-1 preto de Ameyugo

O proxecto orixinal, de 1974, abarcaba unha autoestrada que cubría o traxecto entre Burgos e Éibar (Guipúscoa) pero a empresa concesionaria só construíu o tramo de Burgos ata a localidade de Armiñón que cobre un itinerario de 84,3 km e contén tres túneles de 1.314m de lonxitude total, que sortean as maiores dificultades orográficas do traxecto. Este tramo entrou en servizo en 1984 e actualmente ten como horizonte final de concesión o ano 2018.[1]

Nos anos 90, as deputacións forais de Guipúscoa e Áraba acordaron realizar a construción da parte que non levou a cabo orixinalmente, e que discorre polo País Vasco. Entre Éibar e Vitoria, o traxecto alcanza os 46,2 km e entrou en servizo totalmente o 22 de maio de 2009.

Antes de 2003, e de acordo coa normativa da época, o tramo entre Burgos e Armiñón denominábase A-1.

Desde novembro de 2006, o tramo Ameyugo-Miranda de Ebro-Armiñón está exento de peaxe para tránsitos internos.

Tramos editar

 
Túnel de Barrio no porto de Pancorbo.
Tramo Apertura Lonxitude (km)
Burgos - Armiñón 1984 83
Armiñón - Vitoria (A-1) Autovía libre de peaxe, desde principios dos anos 80 -
Vitoria - Luko 3 de xuño de 2008 6,2
Luko - Eskoriatza 3 de abril de 2009 18,8
Eskoriatza - Arrasate 22 de maio de 2009 6,4
Arrasate - Bergara-Sur xullo de 2005 3
Bergara-Sur - Bergara-Norte xullo de 2004 5
Bergara-Norte - Éibar (Malzaga)-AP-8 decembro de 2003 8
Éibar (Malzaga)-AP-8 - Irún (Comparte con AP-8) 69

Saídas editar

Tramo Burgos-Armiñón editar

Elemento Saída (sentido Francia) Número de saída Saída (sentido Burgos) Estrada que enlaza
  Burgos   Burgos Continúa por
 BU-30Spain.png|ancho=30px|alto=22px}} || {{clic|BU-30
Burgos este   1 Burgos este
  Peaxe de Burgos - Peaxe de Burgos
Villafría-Rubena   2 Villafría/Rubena  N-I 
     Área de Servizo de Quintanapalla - Área de Servizo de Quintanapalla
     Área de Servizo de Briviesca - Área de Servizo de Briviesca
Briviesca   3 Briviesca  N-I 
Pancorbo   4 Pancorbo  N-I   N-232 
     Área de Servizo de Desfiladero - Área de Servizo de Desfiladero
Miranda de Ebro-Puentelarrá   5 Miranda de Ebro-Puentelarrá
Bilbao-Zaragoza   6 Bilbao-Zaragoza
 AP-68
 Estrada E-804
  Álava - PAÍS VASCO - Provincia de Burgos - CASTELA E LEÓN  
  Peaxe de Armiñón - Peaxe de Armiñón
Armiñón   7 Armiñón
  Armiñón continúa por
 A-1
 Estrada E-05
  Armiñón
 A-1
 Estrada E-05

Tramo Vitoria-Éibar editar

Elemento Saída (sentido Francia) Número de saída Saída (sentido Burgos) Estrada que enlaza
  Vitoria   Vitoria  N-622 
 N-624 
Luko Luko
Eskoriatza Eskoriatza
Arrasate Arrasate
Bergara-Sur Bergara-Sur / Zumarraga / Beasain
Bergara-Norte
  Éibar (Malzaga) Éibar (Malzaga)
 AP-8
 Estrada E-70

Notas editar

  1. "AP-1 Europistas". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2010. Consultado o 06 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar