Abrir o menú principal

Aurelio Ribalta

escritor e xornalista galego
(Redirixido desde "A. Ribalta")

TraxectoriaEditar

Cursou os estudos secundarios en Madrid entre 1873 e 1877. Estudou Leis e Filosofía en Compostela e doutorouse en Madrid. En 1895 comezou o seu trabalo na Administración de Facenda. Formou parte do grupo de intelectuais galeguistas establecidos na capital. Alí fundou a revista Estudios Gallegos, desde onde en 1915 realizou un chamamento para defender a lingua galega. O 5 de xaneiro de 1916 Antón Villar Ponte recolleu a chamada e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego.

Achegado ao rexionalismo, foi nomeado representante do Comité Regionalista de Santiago para a Xunta de Defensa de Galicia e participou nas reunións dos seus integrantes, como a da Cova Céltica. Tivo un papel relevante na constitución das Irmandades da Fala.

En 1910 realizou a súa proposta ortográfica foneticista, practicada e defendida no seu Libro de Konsagrazión. Feixe de poesías gallegas. En 1917 editou en Barcelona unha Escolma de Poesías de Rosalía de Castro.

Permanece inédita no Mosteiro de San Francisco de Santiago de Compostela a súa obra Gramática gallega elementale, datada en 1940.

ObrasEditar

En galegoEditar

NarrativaEditar

   

Ferruxe, A Coruña, 1894, e Escolma de poesías
de Rosalía de Castro
, Barcelona, 1917.

PoesíaEditar

  • Libro de Konsagrazión. Feixe de poesías gallegas, 1910.

En castelánEditar

  • La campaña de ultramar, 1888.
  • El viático.
  • El hijo de María Rosa.
  • El señorito.
  • Catalanismo militante, 1901.

NotasEditar

  1. Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar