Estudios Gallegos
Estudios Gallegos foi unha revista editada en Madrid entre 1915 e 1916.
Historia e característicasEditar
Subtitulada Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo publicada por Aurelio Ribalta, apareceu o 15 de febreiro de 1915. A revista tiña na portada un debuxo de Castelao e entre os seus colaboradores figuraron Eugenio López Aydillo, Luís Porteiro Garea e Rodrigo Sanz. Publicaba en galego as seccións "Poetas de onte" e "Poetas de hoxe", os relatos breves de Xan d'Outeiro e nas páxinas costumistas de Penecho Fontenla.
Publicou o entremés "Los gallegos" do século XVII, achegado por Salvador Cabeza de León, e o texto en prosa "A campana fala", do escritor catalán Miquel Ventura Balanyá. A sección titulada "Finanzas" contiñas traballos de socioeconomía (tributos, caciquismo, minería, millo...), na que aparecía con frecuencia o tema dos ferrocarrís galegos. O último número coñecido é o 22, que corresponde ao 22 de decembro de 1916.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Alonso Montero, Xesús: "Estudios Gallegos" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores (coord.): "Estudios Gallegos" (pp. 179–180) en: Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X.