A-85

autovía de Barreiros a San Cibrao

A A-85 é unha autovía española en proxecto, que prevé conectar as localidades de Barreiros e San Cibrao, na provincia de Lugo, discorrendo de forma paralela á costa cantábrica. A autovía será unha conexión da A-8 á altura de Barreiros coas localidades de Foz, Burela e co porto de San Cibrao, onde hai as maiores industrias do norte da provincia.

A-85
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude33,5 km
Localización
Inicio  A-8  Barreiros (Lugo)
FinSan Cibrao (Lugo)

Características editar

Este proxecto ten como obxectivo a construción dunha autovía que unha as localidades de San Cibrao, no termo municipal de Cervo e Barreiros, o que suporá unha alternativa á estrada nacional N-642, que discorre pola costa. Terá a súa orixe nas proximidades de San Cibrao, onde enlazará coa Vía de Alta Capacidade da Costa Norte, de titularidade autonómica, aínda sen construír na súa maioría (agás a variante de Ortigueira, xa rematada). Enlazará en Barreiros coa autovía A-8.

Segundo a planificación da Xunta de Galicia, esta nova infraestrutura sería a continuación do eixo viario de alta capacidade entre Ferrol e San Cibrao, e pecharía o triángulo formado pola autovía do Cantábrico A-8, no tramo galego entre Ribadeo e Baamonde, e a autovía AG-64.

Tramos editar

Tramo Estado (2012) km
 A-8  Barreiros - Foz DIA Aprobada (pendente licitación de proxecto) 33,5
Foz - Burela DIA Aprobada (pendente licitación de proxecto)
Burela - San Cibrao DIA Aprobada (pendente licitación de proxecto)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar