Rally de Noia de 1994

proba automobilística
(Redirección desde «11º Rallye de Noia»)

O Rally de Noia de 1994 foi a 11ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1994 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de abril de 1994 e o vencedor foi Javier Piñeiro.

Rally de Noia de 1994
CategoríaGalicia
LocalizaciónGalicia Noia
OrganizadorEscudería Berberecho
ÁmbitoRexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Javier Piñeiro
Participantes
Pilotos35
AnteriorRally de Noia de 1993
SeguinteRally de Noia de 1995

Resumo editar

O rally caracterizouse polo gran número de abandonos, que provocaron que só chegaran á meta 14 dos 35 pilotos que tomaron a saída. Entre os pilotos que tiveron que abandonar estaban algúns dos favoritos, como o local Arturo Rial, Miguel Dopico ou Manuel Senra, que tras sufrir un espectacular accidente contra un muro foi evacuado en helicóptero ao Hospital Xeral con dúas costelas rotas,[1] mentres que o seu copiloto, José Maceiras, foi evacuado en ambulancia.[2] O accidente de Senra fixo que se anulase a primeira pasada por Montemuíño. Con estes abandonos Carlos Táboas colocouse primeiro até que a choiva lle provocou un trompo e a perda do liderado. Finalmente tamén tivo que abandonar. A vitoria foi finalmente para Javier Piñeiro, con Pedro Castañón segundo e Rafael Pérez terceiro.

Clasificación editar

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1   Javier Piñeiro   Manuel Ferreiro Renault Clio Williams 59:40
2   Pedro Luis Castañón   Miguel Ángel Vilas Citroën AX Sport 1h00:13
3   Rafael Pérez   Herminio González Renault Clio 16v 1h01:10
4   Álvaro Couto "Patiño" Gómez Renault 5 GT Turbo 1h02:13
5   Manuel Varela   Fernando Pardo Citroën AX Sport 1h02:44
Abandonos
-   Manuel Senra   José Maceiras Peugeot 309 GTI 16v -
-   Arturo Rial   Juan Carlos Arias Citroën AX Sport -
-   Miguel Dopico   Álvaro Louro Ford Escort RS Cosworth -
-   José María Magdaleno   Julio Garriga Renault Clio 16v -
-   Carlos Táboas   Luis Fernández Hyundai Pony -
-   Roberto Blach   Juan Gómez Peugeot 309 GTI 16v -

Notas editar

  1. "El Rally Ría de Noia reventó los vehículos de los pilotos favoritos". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 1994. p. 44. 
  2. "Javier Piñeiro ganó el Rally Ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 1994. p. 54. 


Predecesor:
Rally do Albariño
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1994
Sucesor:
Rally de Ferrol