Óscar Ibáñez

gaiteiro e frautista galego

Óscar Ibáñez, nado en Portosanto (Poio)[1] en 1976, é un gaiteiro e frautista galego.[2] Practica a fusión musical, partindo das raíces a medio camiño entre investigación e creación.[3]

Modelo:BiografíaÓscar Ibáñez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Portosanto, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, frautista, gaiteiro Editar o valor en Wikidata

Facebook: OscarIbanezOficial Twitter: IbanezOficial Instagram: oscaribanez_oficial Youtube: UC-h8l-5d4SUEeEmtg3Z9aOQ Discogs: 4931157 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

É mestre en Educación Musical pola Universidade de Vigo, especialista en Música Tradicional Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. especialista Universitario en Arquivística, Grao Profesional LOE na especialidade de gaita galega e con estudos LOGSE de frauta de pico.[4]

Comezou a aprendizaxe da gaita en 1984 con Laureano Mera en Poio. En 1989 entrou na Agrupación Folclórica Celme participando en concertos por España e Europa. Na súa formación mantivo como referentes os mestres Ricardo Portela, Avelino Cachafeiro e Perfecto Feijoo e aprendendo de Carlos Núñez, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño...[2]

En 1993 empezou como mestre gaiteiro en Poio, continuando dando formación en diferentes lugares de Galicia. Desde 1997 impartiu cursos, en colaboración coa Xunta de Galicia, en Chile, Perú, Arxentina, Venezuela, Suíza, Brasil, México, Cuba e USA.

En 2004 tocou coa gaita orixinal de Perfecto Feijoo no Teatro Principal de Pontevedra e coa de Juan Tilve Castro nos premios da música galega.

Participou durante 8 anos na creación do Arquivo Sonoro do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra e produciu diferentes espectáculos en Galicia e Cantabria. Tamén participou na fundación da Asociación de Toque Pechado de Pontevedra en 2008, para a recuperación e difusión das formas de expresión musical gaiteiras propias e diferenciais de Pontevedra.

Foi o ideólogo e promotor de eventos como MUSGAFOL, Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva Gaitas de Fol do Noroeste, Juelles, Encuentro de Gaitas Europeas y Peregrinos, As Gaitas do Camiño.[5]

Grupo de Música Tradicional Pai da Cana

editar

En 1997 fundou o Grupo de Música Tradicional Pai da Cana. Gravaron Ruta folc Terra Galega (1998, Disco Trompo), Os sons da Ulla (2001, Phonos), Memorial Manuel Texo I, III, V e VI (A.C. Ullán).

Óscar Ibáñez & Tribo

editar

En 2004 fundou a banda de directo Óscar Ibáñez & Tribo -Fernando Fraga (acordeón), Harry Price (violín), Carlos Calviño (guitarras), Paco Dicenta (baixo), e Andrés Vilán (percusións e batería)- e levou a súa música por toda a península, Bretaña e Italia.

En 2023 presentaron o espectáculo Da Terra cunha renovada Tribo: Suso Iglesias (acordeón), Paula Gómez (violín), Xosé Liz (bouzouki), Paco Dicenta  (baixo) e Carlos Castro (batería). Ademais da xilofonista e percusionista Carla Villanueva e cinco gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son.[6]

En 2024 celebraron o XX aniversario do grupo co espectáculo "Tribal XX".[7]

Discos

editar
  • Alén do mar (2012). VIR Ouvirmos. Fusión da música galega e de América Latina. 11 temas.
  • Aires de Pontevedra (2017). Inquedanzas Sonoras. Homenaxe ao gaiteiro de Viascón Ricardo Portela polo XXV aniversario do seu pasamento.

Libros-CD

editar
  • Os Montes de Lugo (2007). Ouvirmos
  • O Quinteto Monterrey de José Posada. Nos xardíns da Tropical (2009). Dos Acordes.
  • Xoán Tilve Gaiteiro de Campañó (2015). aCentral Folque.

Premios

editar

Gañou máis de 40 premios, como o Memorial Manuel Villanueva I e III, o Memorial Manuel Texo, Memorial Ricardo Portela II e III. O Trofeo Macallan para solistas de gaita ibérica no Festival Intercéltico de Lorient, conseguindo tamén o segundo premio no 2000 e 2001.

  1. Pontevedra, Diario de (2024-06-20). "El gaiteiro Óscar Ibáñez celebra 20 años de trayectoria con la gira Tribal XX". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2024-08-16. 
  2. 2,0 2,1 "Oscar Ibañez. Un músico que ha impartido clases de gaita en Buenos Aires en el año 2004.". 2009-05-03. Consultado o 2024-08-16. 
  3. "GalicianTunes: Artista - Oscar Ibáñez". www.galiciantunes.com. Consultado o 2024-08-16. 
  4. "Oscar Ibañez (Galicia) :: ChileCelta". www.chilecelta.cl. Consultado o 2024-08-16. 
  5. "OSCAR IBAÑEZ & TRIBO". RAEE (en castelán). Consultado o 2024-08-16. 
  6. "Óscar Ibáñez, músico pontevedrés: «Este ano vamos a tocar máis fora de Galicia que en Galicia»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-04-23. Consultado o 2024-08-16. 
  7. "Óscar Ibáñez cumple el 20 aniversario de trayectoria artística con la banda Tribo". Pontevedra Viva (en castelán). 2024-06-20. Consultado o 2024-08-16.