Ícaro

personaxe da mitoloxía grega, fillo de Dédalo

Ícaro é un personaxe da mitoloxía grega, fillo de Dédalo.

Dédalo co seu fillo nun cadro, de 1776, de Pyotr Ivanovich Sokolov.

RelatoEditar

Co fin de encerrar ao Minotauro, Minos, rei da Illa de Creta, pediulle ao enxeñoso ateniense Dédalo, inventor da machada e da serra, que construíra un labirinto do que non fora posible saír.

Máis tarde faille construír tamén unha torre cunha cela no alto e, sentíndose traizoado, en castigo por colaborar con Pasifae e con Ariadna nos seus plans, Minos pecha na cela ao seu propio construtor, Dédalo, e ó seu fillo Ícaro.

Cunhas ás fabricadas con plumas de paxaros e a cera dunhas candeas, Dédalo e Ícaro logran saír da cela, mais, a pesar das advertencias do seu pai, Ícaro abeirarse demasiado ó sol o que provoca que a cera se derreta e o rapaz se precipite ao mar e morra. Porén, o pai logra concluír a fuxida e chegar primeiro a Cumas e logo a Sicilia.[1]

NotasEditar

  1. ECHEVERRÍA, Rafael (2008). Raíces de sentido. Ediciones Granica S.A. (en castelán). ISBN 950-641-511-0. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • MIRAND, Félix (1965), Mitología General, Editorial Labor S.A., Barcelona (en castelán).

Ligazóns externasEditar