Álvaro Gestido

futbolista uruguaio

Álvaro Antonio Gestido Pose, nado en Montevideo o 17 de maio de 1907 e finado en Treinta y Tres o 18 de xaneiro de 1957, foi un futbolista uruguaio, de orixe galega. Xogaba como centrocampista e militou toda a súa carreira no Club Atlético Peñarol da Primeira División do Uruguai. Foi internacional coa selección uruguaia, coa que conquistou o Mundial de 1930 e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928.

Infotaula de personaÁlvaro Gestido

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1907 Editar o valor em Wikidata
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Santa Clara de Olimar, Uruguai (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
Altura1,76 m Editar o valor em Wikidata
Peso73 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade - 1942 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUruguai Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e defensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1926-1942 Club Atlético Peñarol Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1927-1940   Uruguai 25(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xullo de 1930Mundial de Fútbol Uruguai 1930
1928Xogos Olímpicos de 1928 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsÓscar Diego Gestido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

FIFA: 49893 Editar o valor em Wikidata

Era irmán do presidente uruguaio Óscar Diego Gestido.

Traxectoria

editar

Naceu en Montevideo en 1907, nunha familia de raíces galegas, e elixiu a carreira militar ao igual que o seu irmán máis vello Óscar Diego, futuro presidente da República.[1][2] Desenvolveu toda a súa carreira no Peñarol, dende o equipo da cuarta división ata o de Primeira.[3]

No Peñarol formou un famoso medio do campo xunto ao galego Lorenzo Fernández e a Gideón Silva, conquistando en 1928 e 1929 os seus dous primeiros campionatos uruguaios. Gañou tamén o campionato en 1932 e outros catro entre 1935 e 1938, sendo a primeira vez que un equipo lograba catro consecutivos.

Retirouse do fútbol profesional o 28 de decembro de 1941, nun partido amigable ante o River Plate da Arxentina, no que se conmemoraba o 50º aniversario do Peñarol.[3] Con todo, regresou en 1944 para disputar dous partidos, substituíndo ao lesionado Obdulio Varela.[4]

Morreu dun ataque cardíaco o 18 de xaneiro de 1957, meses antes do seu 50 aniversario.

Selección uruguaia

editar

Foi internacional coa selección do Uruguai en 25 ocasións, despois de debutar en 1927. Participou nos Xogos Olímpicos de 1928, gañando a medalla de ouro na final contra a Arxentina. Dous anos despois disputou a primeira edición do Mundial de Fútbol celebrada no seu país. Formou medio do campo con Lorenzo Fernández e José Leandro Andrade e xogou todos os partidos, incluída a final contra a Arxentina no Estadio Centenario, onde o seu equipo se proclamou o primeiro campión mundial.[5]

Palmarés

editar

Peñarol

Selección do Uruguai

  1. Antelo, Iván (28 de xuño de 2018). "El triunfo de la emigración gallega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2021. 
  2. Pérez Pena, Marcos (21 de xullo de 2016). "Uruguai e Galicia: Un século de irmandade futbolística". Consultado o 17 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Carboneros Gloriosos - Semblanzas - Alvaro Antonio GESTIDO" (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2021. 
  4. "Álvaro Gestido". Padre y decano (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2021. 
  5. "Final Mundial 1930". FIFA (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar