Álbum Nós
Nós é un álbum de 49 estampas realizadas por Castelao entre 1916 e 1918, estampas que amosan un gran realismo e preocupación polas condicións de vida do pobo. Inclúe ademais un autorretrato.
Contidos
editarO contido do álbum apareceu primeiro en exposicións, a primeira na Coruña do 2 ao 22 de marzo de 1920. Posteriormente, expúxose nese ano en Madrid (setembro) e Ourense (novembro), en Vilagarcía de Arousa (finais de 1921), Monforte de Lemos (febreiro de 1922), Ferrol (abril), Pontevedra (maio e xuño), Barcelona (xaneiro de 1923), Vigo (xuño) e Santiago de Compostela (abril e maio de 1924).
A exposición do álbum Nós deu pé a numerosas conferencias e actos culturais ó seu redor nas cidades onde se presentou. No caso da presentación en Santiago serviu de feito para o recoñecemento oficial do Seminario de Estudos Galegos, coa presenza do máis selecto da intelectualidade galega e do propio arcebispo de Santiago, Manuel Lago.
“ | O álbum Nos foi moito máis que un evento de arte. Foi o redescobrimento de un pobo, que leva o drama de vivir ás costas. Foi unha campanada, a máis forte e a máis fonda, que se deu na conciencia colectiva. Foi un estremecimento social que viría destinado a soerguer o esprito de Galicia | ” |
En 1931 editouse en libro, no prelo de Hauser y Menet de Madrid, cunha moi boa calidade. E en 1975, a editorial Akal, tamén de Madrid, publicou unha edición facsimilar.
No prólogo, asinado por Castelao en 1931, este insiste na actualidade da mensaxe que quixo transmitir con esta serie de láminas:
“ | Cicáis hoxe atacase as nosas mágoas c'un humor menos acedo; mais ninguén pode negarme que as vellas inxusticias siguen en pé: velahí porqué me arrisco a publicar esta obra. Ela foi amostrada en todal-as cibdades e vilas de Galiza e sirveu de pretesto para "conferencias" que influiron no actual rexurdimento da galeguidade | ” |
Estampas orixinais
editarDurante décadas estiveron desaparecidos os orixinais das estampas. En xaneiro de 2021 a Deputación de Pontevedra mercou as estampas por 650.000 € á familia Domínguez Lino de Pontevedra que os conservara e mesmo rexeitou ofertas económicas máis altas para que puideran permanecer no Museo de Pontevedra cumprindo co desexo do propio Castelao. José Lino Sánchez, avogado, foi amigo de Castelao, coincidiu con el en moitas empresas e mesmo foi quen lle alugou a casa da rúa Oliva onde viviron el e a súa muller, Virxinia. Foi el quen conservou as estampas que o mesmo Castelao lle regalara nunha visita. Cando o Museo de Pontevedra accedeu a elas descubriu que eran os orixinais tan buscados.[1][2]
Así o Álbum Nós engádese ao rico patrimonio que o Museo conseva de Castelao.
Notas
editar- ↑ Natalia Puga & Cristina Saiz (2021-01-10). "A familia Lino vende o Album Nós de Castelao ao Museo por 650.000 euros: "lo importante era ponerlo a disposición de los pontevedreses"". Pontevedra Viva.
- ↑ López, Belén (2021-01-09). "A familia Lino vende o Álbum Nós ao Museo de Pontevedra por 650.000 euros". Diario de Pontevedra. Consultado o 2021-01-10.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Álbum Nós |
Bibliografía
editar- Carballo-Calero, M. V.; Bozal; Vilas (2017). Monografía sobre Castelao artista (PDF). Anexo Abrente (en galego e castelán) (Deputación da Coruña e RAGBA). ISBN 978-84-9812-304-3.
- Castelao (1931): Nós, Akal, Madrid 1975.
- Monteagudo, Henrique (2000): "Castelao: a fábula da súa vida" en Para ler a Castelao 2. Estudios sobre a obra escrita, Galaxia, Vigo 2000.
Ligazóns externas
editar- Álbum Nós no Museo Castelao en Internet Archive.
- castelaonarede.wordpress.com
- Álbum Nós, vista previa da ed. de 2006 de Editorial Galaxia en Google Books.