Abrir o menú principal

Zygmunt Bauman, nado en Poznań o 19 de novembro de 1925 e finado en Leeds o 9 de xaneiro de 2017 foi un sociólogo, filósofo e ensaísta polaco de orixe xudía. A súa obra, que comezou na década de 1950, ocúpase, entre outras cousas, de cuestións como as clases sociais, o socialismo, o holocausto, a hermenéutica, a modernidade e a posmodernidade, o consumismo, a globalización e a nova pobreza. Desenvolveu o concepto da «modernidade líquida», e acuñou o termo correspondente.[1] Xunto co tamén sociólogo Alain Touraine, Bauman recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2010.[2]

Zygmunt Bauman
Zigmunt Bauman na 20 Forumi vydavciv.jpg
Bauman no 2005.
Nacemento19 de novembro de 1925
 Poznań, Polonia Polonia
Falecemento9 de xaneiro de 2017 (91 anos)
 Leeds, Inglaterra Inglaterra
NacionalidadePolonia e Reino Unido
EtniaPobo xudeu
Relixiónateísmo
Alma máterLondon School of Economics e Faculty of Philosophy and Sociology, University of Warsaw
Ocupaciónfilósofo, sociólogo, catedrático de universidade e escritor
CónxuxeJanina Bauman
FillosIrena Bauman
PremiosGolden Medal for Merit to Culture, Medal of the 10th Anniversary of People's Poland, Prêmio Theodor W. Adorno, Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, Cruz de Valor, European Amalfi Prize for Sociology and Social Sciences, honorary doctor of the University of Gothenburg e doutor honoris causa da Universidade Vytautas-Magnus
editar datos en Wikidata ]

Naceu no seo dunha familia humilde; na súa fuxida do nazismo, trasladouse á Unión Soviética e posteriormente regresou a Polonia, onde militou no Partido Comunista.[3] Foi mestre de filosofía e socioloxía na Universidade de Varsovia antes de verse obrigado a irse de Polonia en 1968 por mor da política antisemita desenvolvida polo goberno comunista despois dos sucesos de marzo de 1968. Após a súa marcha da universidade desa cidade, ensinou socioloxía en países como Israel, Estados Unidos e o Canadá. Dende 1971, residía en Inglaterra. Foi mestre na Universidade de Leeds, sendo profesor emérito dende 1990.

Galardóns importantesEditar

NotasEditar