Złoty

moeda de Polonia
Złoty
Polski złoty
Código:PLN
Ámbito:Polonia Polonia
Símbolo:
Fracción:100 groszy
Moedas:1, 2, 5, 10, 20, 50 groszy
1, 2, 5 zł
Billetes:10, 20, 50, 100, 200, 500 zł
Emisor:Narodowy Bank Polski
Taxa de troco:
12-03-2011
1 EUR = 4,0029 PLN
1 USD = 2,8793 PLN
Troco actual

O zloty[1] ou złoty [pronunciado 'zwɔtɨ] (en plural złote ['zwɔtɛ] para os números rematados en 2, 3 ou 4 -agás 12, 13 e 14- e złotych ['zwɔtɨx] para os demais) é a moeda de curso legal de Polonia. A palabra significa literalmente dourado en polaco e fai referencia ás antigas moedas de ouro chamadas así. Grosz vén da palabra alemá Groschen. Divídese 100 grosz ['grɔʃ] (grosze ['grɔʃɛ] para os números rematados en 2, 3 ou 4 -agás 12, 13 e 14- e groszy ['grɔʃɨ] para os demais). O seu código ISO 4217 é PLN e abréviase

Historia

editar

No século XIV e o século XV chamábaselle złoty a calquera moeda de ouro estranxeira das que circulaban por Polonia (especialmente os ducados de Alemaña e Rutenia). En 1496, o Sejm (a cámara baixa polaca) creou unha moeda nacional equivalente a 30 groschen de Praga, que en polaco se denominou grosz ou tamén, polski złoty ("dourado polaco").

Durante a segunda metade do século XVIII, baixo o reinado de Estanislau II Poniatowski, oficializouse o złoty como unidade monetaria polaca. Substituído polo rublo ruso entre 1850 e 1917, e polo marco polaco entre 1917 e 1924), o złoty foi reintroducido en 1924 logo da hiperinflación e o caos monetario que houbo nos anos que seguiron á primeira guerra mundial. O troco fixado foi de 1 złoty = 100 groszy = 0,1687 gramos de ouro; 1 złoty = 1.800.000 marcos polacos.

Logo de varias desvalorizacións, en 1950 introduciuse un novo złoty (PLZ), sendo a equivalencia 100 dos antigos por cada novo złoty. En 1995, tamén debido á hiperinflación, a coma decimal moveuse 4 lugares. Así, 10.000 vellos złotys (PLZ) = 1 novo złoty (PLN).

Polonia entrou na Unión Europea en maio do 2004, se ben non está claro que a adopción do euro se vaia materializar a curto prazo.

Billetes

editar

No 2005 circulan os billetes coas denominacións seguintes:


Denominación Cor predominante Dimensións Anverso Reverso
10 złoty Marrón 60 x 120 mm Príncipe Mieszko I denar (moeda de prata) da época de Mieszko I
20 złoty Rosa 63 x 126 mm Rei Boleslau I o Bravo denar da época de Boleslaus I
50 złoty Azul 66 x 132 mm Rei Casimiro III o Grande aguia real nun selo da época de Casimiro III con cetro e orbe, de fondo silueta de Cracovia
100 złoty Verde 69 x 138 mm Rei Ladislau II Polonia escudo cunha aguia da tumba de Ladislao II con casco sobre dúas espadas
200 złoty Laranxa 72 x 144 mm Rei Sexismundo I o Vello aguia con coroa e unha banda en forma de S, de fondo o Castelo Wawel

Moedas

editar

Emitidas polo Banco Nacional de Polonia (Narodowy Bank Polski), circulan moedas coas denominacións de:

Denominación Acuñada
dende
Metal Diámetro
(mm.)
Peso
(gr.)
Canto Anverso Reverso
Anel Centro
1 Grosz 1991 Aceiro bronceado 15,50 1,64 Estriado Emblema nacional Valor facial
2 Grosze 1991 Aceiro bronceado 17,50 2,13 Liso Emblema nacional Valor facial
5 Groszy 1991 Aceiro bronceado 19,50 2,59 Descontinuo Emblema nacional Valor facial
10 Groszy 1991 Cuproníquel 16,50 2,51 Descontinuo Emblema nacional Valor facial
20 Groszy 1991 Cuproníquel 18,50 3,22 Estriado Emblema nacional Valor facial
50 Groszy 1991 Cuproníquel 20,50 3,94 Estriado Emblema nacional Valor facial
1 Złoty 1991 Cuproníquel 23,00 5,00 Estriado Emblema nacional Valor facial
2 Złote 1994 Latón CuNi 21,50 5,21 Liso Emblema nacional Valor facial
5 Złotych 1994 CuNi Latón 24,00 6,54 Estriado irregular Emblema nacional Valor facial

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  1. "zloty". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.