Yu Xuanji

poeta chinesa

Yu Xuanji (chinés tradicional: 魚玄機; chinés simplificado: 鱼玄机; pinyin: Yú Xuánjī; Wade-Giles: Yü2 Hsüan2-chi1), nada cara ao 840 e finada contra 868,[1] nomes de cortesía Youwei (幼薇) e Huilan (蕙蘭), foi unha poeta chinesa de finais da dinastía Tang. É unha das Catro Grandes Poetas de Tang, xunto con Li Jilan, Liu Caichun e Xue Tao.[2]

Infotaula de personaYu Xuanji

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh-hant) 魚玄機 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(zh-cn) 魚幼薇 Editar o valor em Wikidata
c. 844 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Chang'an Editar o valor em Wikidata
Mortec. 869 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
China Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Tang Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo han Editar o valor em Wikidata
RelixiónTaoísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoetisa , escritora , Daochi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLi Yi

O seu apelido, Yu, é pouco frecuente na China. O seu nome, Xuanji, significa algo así como "teoría profunda" ou "principio misterioso", un termo técnico no daoísmo e o budismo. Pola súa banda, Youwei quere dicir "pequeno e diminuto", e Hulian refírese a unha especie de orquídea fragrante.[1]

Traxectoria

editar

Pouco se sabe de certo sobre a breve vida de Yu Xuanji.[1] Naceu ou medrou na capital dos Tang, Chang'an,[1] remate oriental da Ruta da Seda. Yu foi casada como concubina ou esposa menor dun funcionario chamado Li Yi, cando só tiña 16 anos. Divorciáronse tres anos máis tarde, debido á animadversión da muller principal de Li.[3]

Logo, fíxose monxa daoísta.[3] Durante aquela época, estas monxas eran coñecidas pola súa liberdade sexual.[2][4] Famosa polas súas aventuras amorosas, Yu é a primeira muller abertamente bisexual coñecida da historia da China.[4] Como relixiosa, viaxou con frecuencia, experiencia que plasmou na súa escrita.[4]

Mantivo unha relación con Wen Tingyun, á que dedicou algúns dos seus poemas. Segundo o San shui xiao du 三水小牘 ("Taboíña dos tres ríos"), tivo unha vida sexual escandalosa para a época, debido á súa promiscuidade. Yu foi decapitada aos 28 anos por afogar á súa parella, Luqiao.[1][3] Esta historia ten un carácter parcialmente lendario, e podería reflectir a desconfianza da sociedade chinesa sobre as mulleres independentes.[2]

Poesía

editar

Yu Xuanji destacou pola calidade dos seus poemas, moitos deles compostos nun estilo autobiográfico franco e directo, empregando a súa propia voz no canto dunha persoa literaria. En vida, publicou a escolma Yi ge bei lixiangguo de pianduan 一個北理想國的片段 ("Fragmentos dun paraíso setentrional"), hoxe perdida. Os corenta e nove poemas conservados foron recollidos no Quan Tangshi 全唐詩 ("Poesía completa dos Tang").[3]

Traducións

editar

En catalán

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar